Pinter, Harold

Pinter, Harold

Dramaturgo. Considerado como un dos autores máis audaces e complexos da posguerra mundial, das súas primeiras obras destacan The Room (1957), The Caretaker (1960) e The Homecoming (1964), unha combinación de realismo e misterio que constitúe o testemuño dunha linguaxe propia cunha dignidade estilística que chega case á poesía. Parte da súa obra tamén está marcada pola influencia do barrio en que se criou, formado por familias obreiras e inmigrantes. En The Lover (1962) e Night (1969) analiza as relacións de parella, e en Betrayal (1978) afástase do teatro do absurdo. Director do Teatro Nacional de Londres (1973-1983), durante a década de 1980 as súas obras reflectiron as relacións entre linguaxe, memoria e realidade. Ademais de numerosos guións televisivos e cinematográficos, destacan os seus dramas Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres