"Hof" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis relativas á radiación térmica dos corpos. Segundo a primeira lei, a razón entre o poder emisivo total e o poder absorbente total dun corpo é independente da natureza do corpo. A segunda lei establece que a intensidade específica dunha radiación de frecuencia f nun medio dado é directamente proporcional ao cadrado do índice de refracción do medio, para a mesma frecuencia f.
-
PERSOEIRO
Director de escena suízo. Iniciou a súa actividade en 1962 como axudante de dirección de Hanns Eisler no Berliner Ensemble, compañía na que coincidiu con Manfred Karge, con quen realizou diversos proxectos. En 1969 asumiu a dirección da Volksbühne de Berlín Leste, onde desenvolveu a súa carreira de director con traballos a partir de Ostrovski, Shakespeare, Schiller, Ibsen, Goethe ou Heiner Müller, que continuou na Schauspielhaus de Bochum, entre 1980 e 1985. Desde finais da década de 1980 viaxou por toda Europa dirixindo espectáculos baseados en autores clásicos como Eurípides, Shakespeare ou Strindberg e continuando as escenificacións de textos de Müller. Está considerado como un dos máis importantes directores de escena europeos da segunda metade do s XX, cun estilo no que a sobriedade se combina cun uso moi axeitado de todos os elementos de significación, desde a palabra á iluminación, e cunha permanente indagación arredor das convencións e das tradicións escénicas establecidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionaria alemana. Destacou como activista nas revoltas de Maio do 68 e como colaboradora en publicacións de extrema esquerda. En 1968 creou, xunto con Andreas Baader, a Rote Armee Fraktion, tamén coñecida como Banda Baader-Meinhof. Despois de participar en varios atentados terroristas, foi detida e levada ao cárcere en 1972, onde apareceu aforcada catro anos máis tarde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico alemán. Estudou nas universidades de Berlín, Friburgo, Estrasburgo e Heidelberg, onde se doutorou no ano 1909. Descubriu unha relación inversa entre a cantidade de osíxeno consumido e a de ácido láctico producido. O descubrimento do ATP levouno á teoría do encaixamento enerxético. Das súas obras destaca The chemical dynamics of life phenomena (1924). En 1922 recibiu, xunto con A.V. Hill, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, pola súa investigación sobre o metabolismo do músculo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata alemán. Encabezou a rebelión corsa contra a soberanía de Florencia e fíxose proclamar rei de Córsega, co nome de Teodoro I, en abril de 1736. Obrigado a renunciar á coroa (1738), refuxiouse en Londres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta neerlandés. Marcou a transición do movemento da década de 1980 cara ao expresionismo. O seu estilo de poesía e a súa teoría da autonomía exerceron unha grande influencia nos autores posteriores. Das súas obras destacan De wandelaar (O transeúnte, 1916), Pierrot aan de lantaarn (Pierrot á lanterna, 1919), Nieuwe Gedichten (Poesía nova, 1934) e Een idylle (Un idilio, 1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista alemán. Xunto con K. Brugmann, formulou o programa de innovación -coñecido como innovación dos neogramáticos- dos estudos lingüísticos (1878). En 1881 formulou a lei de Osthoff, pola que, en grego, unha vogal longa se abrevia ante unha soante (r, l, m, n) ou ante as vogais i, u (como segundo elemento do ditongo) seguidas de consoante. Publicou, con K. Brugmann, Morphologische Untersuchungen auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen (1878-1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cidade de Petrodvorec ata 1944.
-
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Publicou diferentes estudos de ciencia militar sobre historia, política, socioloxía e filosofía. Filosoficamente profesou un monismo positivista con obras como Der positive Monismus (O monismo positivo, 1899) ou Positive Ethik (Ética Positiva, 1901), mentres que en socioloxía estudou a socioloxía dos intereses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ferdinand Paul Wilhem.
-
PERSOEIRO
Aviador. Coñecido como o Barón Vermello, foi oficial de cabalaría e xefe de aviación. Destacou como piloto de caza durante a Primeira Guerra Mundial, ascendeu a comandante e xefe de escuadrón, e foi abatido despois de 80 vitorias. Escribiu O piloto vermello (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto húngaro. Naturalizado francés, foi o representante da arte cinética. Destacan unha torre espazo-dinámica (1954), Lux I (1957), Chronos I e Musiscope (1960), órgano electrónico que proxectaba formas e cores. Aplicou a técnica e a cibernética á arte e ao urbanismo, en proxectos como La cite cibernetique (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor alemán. Axudante de Gutenberg, herdou a imprenta de Johan Fust en Maguncia e perfeccionou as técnicas de impresión. Imprimiu o Salterio de Maguncia (1457) e a Biblia latina (1462).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Creou a Escola de Colonia, grupo baseado no Nouveau Roman francés. Expuxo as súas teorías literarias en Literatur und Veränderung (Literatura e cambio, 1969) e Die Auflösung des Kunstbegriffs (A disolución do concepto da arte, 1976), e aplicounas en diversas novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista xudeu polaco. Foi o creador (1887) do esperanto, que toma este nome do pseudónimo que el usaba, Doktoro Esperanto. Escribiu poesías, ensaios lingüísticos e político-relixiosos e obras gramaticais en ruso, yiddish, esperanto, polaco, francés e alemán. Traduciu ao esperanto, ademais da Biblia, obras de Schiller, Goethe, Heine, Shakespeare, Gogol´ e Andersen.
VER O DETALLE DO TERMO