Langhoff, Matthias
Director de escena suízo. Iniciou a súa actividade en 1962 como axudante de dirección de Hanns Eisler no Berliner Ensemble, compañía na que coincidiu con Manfred Karge, con quen realizou diversos proxectos. En 1969 asumiu a dirección da Volksbühne de Berlín Leste, onde desenvolveu a súa carreira de director con traballos a partir de Ostrovski, Shakespeare, Schiller, Ibsen, Goethe ou Heiner Müller, que continuou na Schauspielhaus de Bochum, entre 1980 e 1985. Desde finais da década de 1980 viaxou por toda Europa dirixindo espectáculos baseados en autores clásicos como Eurípides, Shakespeare ou Strindberg e continuando as escenificacións de textos de Müller. Está considerado como un dos máis importantes directores de escena europeos da segunda metade do s XX, cun estilo no que a sobriedade se combina cun uso moi axeitado de todos os elementos de significación, desde a palabra á iluminación, e cunha permanente indagación arredor das convencións e das tradicións escénicas establecidas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Zúric