"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Antropónimo procedente do grego Akilleus (Ảχιλλεύς), que chegou a nós a través do latín Achilles. É un nome de longa tradición en Grecia, quizais a pegada dalgunha lingua pregrega e, xa que logo, cunha etimoloxía difícil de clarificar. O poema épico de Homero a Ilíada desenvolve como tema central a cólera do heroe grego Aquiles, o dos pés lixeiros, quen despois de loitar contra os troianos morre no campo de batalla ao ser alcanzado no calcañar por unha frecha. A raíz deste feito fíxose moi sonada a expresión o “calcañar de Aquiles” para referirse ao único punto vulnerable do heroe aqueo. A festividade de santo Aquiles, mártir en Roma, celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico da Guerra de Troia, tamén chamado Aquileo, fillo de Peleo e da deusa Tetis. Rei dos mirmidóns, na cidade de Tesalia, marchou cos seus súbditos á Guerra de Troia. Enfrontado con Agamemnon, xefe da expedición aquea, pola posesión da escrava Briseida, abandonou a loita e non regresou ata que o seu amigo Patroclo morreu en combate contra Héctor, o campión dos heroes troianos e fillo de Príamo, Rei de Troia. Por mor deste feito, Aquiles desafiou a Héctor a un combate singular no que conseguiu matalo, o que, segundo a profecía que o propio Aquiles coñecía, daría lugar á súa morte pouco despois. En efecto, o príncipe Paris, irmán de Héctor e raptor de Helena, muller de Menelao, irmán de Agamemnon (feito que disculpara o inicio da guerra dos gregos contra o estratéxico enclave troiano), matouno disparándolle unha frecha ao calcañar, único punto vulnerable do heroe. A figura de Aquiles, eixe da historia que deu lugar á Ilíada de Homero, aparece en abundantes obras posteriores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Das obras que conservamos del destacan As aventuras de Leucipo e Clitofonte, novela de gran difusión no Imperio Bizantino e que máis tarde influíu na narrativa renacentista europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendón do home, de inserción dos músculos posteriores da perna (xemelgos e sóleos) no calcaño. A súa rotura causa a imposibilidade de estender voluntariamente o pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Arapiles (cerca de Salamanca) en xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. As tropas francesas do mariscal Marmont foron vencidas polo exército de Wellington, obrigándolles aos franceses a abandonar Andalucía definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Atribúenselle as seguintes obras A etiópida e A destrución de Ilión, poemas épicos que abordan o ciclo de Troia partindo de onde o deixa A Ilíada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto do litoral da parroquia de Lira, concello de Carnota, situado entre a punta de Prouso Longo, ao N e a punta de Susiños ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e autor de documentais. Concedeulle unha importancia vital á música e á danza en todas as súas películas. Gañador dun Óscar en 1984 polo documental He makes me feel like dancing, consagrouse co filme Dirty Dancing (1987) polo que conseguiu outra estatuíña no apartado de mellor música. Outro dos seus éxitos foi Sister Act (1992) e Three men and a little lady (Tres solteiróns e unha pequena dama, 1993). Dirixiu tamén Chances are (1989), Gipsy (1993) e George Balanchine’s the nuteracker (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo suízo. Gran defensor da teoría da deriva continental de Wegener, esforzouse en explicitar a orixe dos relevos alpinos no marco xeral desta teoría. Así estudiou a tectónica dos Alpes (Les nappes de recouvrement des Alpes occidentales, 1911; Sur l’arc des Alpes occidentales, 1916) e interpretouna como un efecto da comprensión dun xeosinclinal mediterráneo entre o zócolo de Eurasia e o zócolo africano que deriva cara ao noroeste. Con A Tectonique de l´Asie (1922) esbozou unha interpretación paralela dos grandes relevos alpinos asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación de dous hidróxenos nun hidrocarburo aromático. O grupo -C6H4- chámase fenileno. Os arilenos de hidrocarburos aromáticos monocíclicos denomínanse como fenilenos substituídos. No caso dos hidrocarburos aromáticos policíclicos condensados, cando os dous hidróxenos proveñen de dous carbonos cíclicos, os arilenos son nomeados engadindo o sufixo -eno ao nome do grupo arilo correspondente. Se proveñen dun mesmo carbono alicíclico, emprégase o sufixo -ideno detrás do nome arilo correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego de época Helenística ao que xa dende a Antigüidade se lle atribuíron as Milesíacas. Refundidas ao latín por L. Cornelio Sissenna, influíron en Ovidio, Petronio e Apuleio. Só se conservan fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Discípulo de Anaxágoras, continuou a orientación da escola xónica. A tradición faino mestre de Sócrates, debido a que se ocupaba xa de cuestións morais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de características estilísticas dunha obra, dende o punto de vista do lector, nunha época e nun momento concreto da historia, que o crítico literario toma como referencia para elaborar as súas análises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bile negra, considerada antigamente a causa da hipocondría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. É autor de comedias de costumes, Maître Guerin (O señor Guerin, 1865) e Madame Carverlet (Madame Carverlet, 1876) e de obras de intención social e política, Le gendre de Monsieur Poirer (O xenro do señor Poirer, 1854) e Lions et renards (Leóns e raposos, 1870), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones y Auxiliar de Ferrocarriles, SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Asturias, na costa cantábrica e na ribeira da ría de Avilés (85.696 h [1996]). Nó de comunicacións -ferrocarril de viaxeiros e mineiro- e centro comercial, pesqueiro e industrial, é a sede dunha importante industria siderúrxica, que ten a súa orixe no establecemento da Real Compañía Asturiana de Minas (1858). En 1940 instalouse Cristalería Española e en 1946 a siderúrxica ENSIDESA. Máis tarde diversificaríase a súa produción industrial nos sectores químico, alimentario, téxtil e de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Avilés Vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e heraldista castelán. Marqués de Avilés. Tenente coronel de dragóns do exército de Filipe V en Catalunya. É autor do tratado: Ciencia heroica reducida a las leyes heráldicas del blasón (1725).

    VER O DETALLE DO TERMO