"Iglesias" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • GALICIA

    Político e sindicalista. Estableceuse en Puerto Rico, onde fundou o Partido Obrero Socialista de Puerto Rico e o Partido Socialista Puertorriqueño, que representou no Senado de EE UU (1917-1932). Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Puerto Rico en Washington, e interveu no Congreso de EE UU para reclamar unha lexislación federal para a illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e político socialista. Naceu no barrio ferrolán de Esteiro e, trala morte do seu pai, trasladouse a Madrid (1860), onde iniciou a súa formación como impresor traballando en varias imprentas. En 1870 ingresou na sección de tipógrafos da Federación Madrileña da Internacional e, ao ano seguinte, foi designado secretario da comarca norte da Federación Regional Española da AIT. Comezou as súas colaboracións habituais como xornalista na prensa obreira, principalmente en La Solidaridad, o periódico da Internacional, onde publicou o seu primeiro artigo “La guerra”, ou en La Emancipación, semanario no que formou parte do consello de redacción. En 1873 ingresou na Asociación General del Arte de Imprimir, organización socialista da que foi presidente entre 1874 e 1885 e na que iniciou os traballos preparativos para a creación do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), xurdido a partir da reunión do 2 de maio de 1879 na casa Labra, e do que foi nomeado secretario do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e produtor de cine. Diplomado en Dirección e Produción de Cine, foi membro fundador da Asociación Galega de Guionistas (AGAG). Colaborou na produción e dirección de diversas series de televisión, foi crítico de cine en Radio Voz (1995-2000) e coordinou a dirección da longametraxe de animación en 3D O bosque animado (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos. Realizou os retratos dos presidentes de diversas asociacións, murais e decorou a sede da ONCE na Coruña. A súa obra atópase, entre outras coleccións, na Real Academia Galega e na Deputación da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militante anarcosindicalista. Desde 1935 colaborou no relanzamento do Sindicato de Industria Pesquera vigués. Nos derradeiros meses da Segunda República Española asentouse en Ribeira, onde exerceu de secretario do Sindicato General de Trabajadores. Co estoupido da Guerra Civil foi detido en Pontevedra e fusilado en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación (sección Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Ten desenvolvido a súa actividade como docente en todos os niveis educativos, incluído o ámbito universitario e a formación inicial e continua do profesorado, e centra a súa investigación na formación do maxisterio e na práctica docente. Desde 1997 é secretario de redacción da revista Sarmiento. Anuario Galego de Historia de Educación. Publicou diversos traballos en obras colectivas como Historia ilustrada del libro escolar en España. De la posguerra a la reforma educativa (1998) e Santiago Hernández Ruiz y la educación de su tiempo 1901-1988 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Tacholas, desenvolveu a súa traxectoria en Arxentina, país ao que emigrou cando tiña vinte anos. Alí participou en diversos espectáculos realizados por agrupacións escénicas afeccionadas. En 1935 uniuse á compañía de Maruxa Villanueva, e participou en diversos espectáculos creados e dirixidos por Manuel Daniel Varela Buxán e na estrea de Os vellos non deben de namorarse (1941), baixo a supervisión do propio Castelao. Posteriormente, creou as compañías Boga-Tacholas, coa súa muller Maruxa Boga, e a Compañía de Arte Folclórico Galego, coas que presentou diversos espectáculos de tipo enxebre e costumista. En 1975 visitou Galicia e participou en diversos traballos, entre eles na versión que de Os vellos non deben de namorarse realizara o grupo Teatro Circo. Participou en máis de cincuenta películas, algunhas cos mellores directores de cine arxentinos, entre as que destacan Mariñeiros (1938), Chiruca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e lexicógrafo. Catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Galega en Lugo, publicou, en colaboración con outros autores, varios dicionarios de lingua galega, como Vocabulario Gallego-Castellano (1984), Dicionario Xerais da Lingua Galega (1986), Dicionario Castelán-Galego (1990) e Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e poeta. Despois da súa formación nos seminarios de Samos e Lugo, licenciouse en Dereito Canónico en Santiago de Compostela. De ideoloxía liberal, apoiou o movemento galeguista. Ademais das súas colaboracións en prensa, publicou Albores de un estro (1925) e Cantaruxando (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático de Facenda Pública na Universidad de Castilla-La Mancha, foi decano fundador da facultade de Ciencias Empresariais de Albacete. Foi autor, entre outras obras, de Problemática del sector pesquero de Galicia (1976), Apuntes del pensamiento económico y financiero (1988) e Comentario en torno a la financiación de la Autonomía en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e mestre. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico ou a canción popular. Dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, que el mesmo fundara xunto con A. Blanco Porto, e a revista cultural Logos (1932). Como mestre dirixiu o Laboratorio de Psicotecnia (1934), que puxera en marcha o Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Publicou a obra teórica Música en Compostela, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria. Foi membro numerario da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra. Trasladouse a Pontevedra e estudiou na Escola Normal, onde rematou os estudios de mestra elemental (1901) e os de mestra superior (1904). En 1908, exercendo de profesora en Carnota, gañou a praza de mestra. Posteriormente deu clases en Mourente e formou parte da xunta directiva de Dereita Galeguista de Pontevedra. Colaborou na sección de pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos e escribiu un Método de lectura (1932), concibido segundo o método silábico, que se converteu no primeiro manual coñecido para o ensino do galego e na primeira obra didáctica feita en galego por unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse na Chelsea School of Art de Londres. Traballa con diversos materiais na busca do contraste entre as súas calidades, como o ferro, o cristal e o cemento. Non abandonou o minimalismo, pero a súa obra evolucionou cara a unha maior complexidade e realizou obras de carácter arquitectónico. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Artes Plásticas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Nacionalizado uruguaio, foi ministro de Relaciones Exteriores de Uruguay (1985-1988) e presidente do Banco Interamericano de Desarrollo desde 1988. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana de 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics. Coñecido como Kohell, nos seus inicios colaborou co grupo ourensán Frente Comixario. Realizou, entre outros, os debuxos de Impresiones de la Isla e Gorka e colaborou na antoloxía Comix 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, dramaturgo e director de escena. Influenciado por Ibsen, Dicenta ou Guimera, foi autor dunha chea de obras nas que presentaba moi diversos problemas sociais, todos eles vinculados coa crítica á sociedade burguesa e coa formulación dun novo ideal social no que se mesturan elementos socialistas e anarquistas. Entre os seus traballos máis interesantes están L’esclau del vici (1891), Frutidor (1897), Els vells (1903), Les garses (1905) ou Els Emigrants (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino. Coñecido como frei Plácido o Arquitecto, reformou en estilo barroco o claustro vello ou procesional de San Salvador de Celanova e realizou a igrexa de Santa Eufemia de Ourense. Traballou tamén na catedral ourensá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela e na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Foi profesor na Escola de Belas Artes de Santiago de Compostela e director da de Baeza, e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá. Realizou, entre outras obras, o mausoleo de Rosalía de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1999 dirixe o Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). As súas investigacións céntranse nos campos da economía e política agraria, desenvolvemento rural e economía rexional. Escribiu Movilidad de la tierra y dinámica de las estruturas agrarias en Galicia (1996) e, xunto a X. M. Fernández Leiceaga, Estrutura económica de Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO