"Inglaterra" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 54.

  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1483-1485), derradeiro da casa de York, e duque de Gloucester, fillo menor de Ricardo de York. Moi influínte durante o reinado do seu irmán Eduardo IV de Inglaterra, foi titor dos seus fillos. Probable instigador da morte deste, ao pouco tempo fixo declarar ilexítimo ao seu sobriño Eduardo V de Inglaterra, e conseguiu que o Parlamento o nomease rei. Asasinou aos seus sobriños e estes crimes xunto co despotismo co que gobernou fixérono moi impopular. Enrique Tudor, o futuro Enrique VII de Inglaterra, herdeiro dos Lancaster, desembarcou en Inglaterra (1485) e derrotou ao monarca. Finalizou así a Guerra das Dúas Rosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Gran Bretaña e de Irlanda (1837-1901) e emperatriz de India (1876-1901), filla do príncipe Eduardo de Inglaterra, duque de Kent, e sucesora de Guillerme IV. En 1840 casou con Alberte de Saxonia--Coburgo-Gotha. Durante o seu reinado adoptouse o librecambismo, fundouse o Labour Party (1900), levouse a termo a segunda reforma electoral (Disraeli, 1867) e tivo lugar a grande empresa colonial. Sucedeuna o seu fillo Eduardo VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Londres 1688 - Roma 1766) Pretendente á coroa británica, fillo de Xaime II de Inglaterra e da súa segunda muller, María de Módena. A Revolución de 1688 obrigou a súa familia a exiliarse. Foi excluí­do do trono británico pola Act of Settlement (1701) e, pese á axuda de Luís XIV de Francia e dos seus partidarios en Escocia, a súa posición política debilitouse rapidamente a causa das súas convicións católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (Xaime VI, 1568-1625) e de Inglaterra (1603-1625), fillo de María I. Deixou o goberno en mans de diferentes privados que non impediron as loitas entre as diversas faccións da nobreza. En 1585, coa axuda de Isabel I de Inglaterra, tivo un éxito relativo na loita contra as faccións e as prerrogativas dos baróns escoceses. Vacilante na polémica entre católicos e protestantes e temeroso de perder a axuda de Isabel I e a oportunidade de reinar en Inglaterra ao morrer esta, non fixo nada por salvar a vida da súa nai, que foi executada en 1587. Convertido en rei de Inglaterra, a súa convicción da orixe divina da autoridade real desamigouno tanto con católicos como con protestantes. En política exterior aproximouse ás potencias católicas, como Castela. Estableceu a Union Jack.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, de Escocia (Xaime VII) e de Irlanda (1685-1688) e duque de York desde 1643, neto de Xaime I. Apresado durante a Guerra Civil (1646), fuxiu a Francia, onde residiu ata a restauración dos Stuart. En 1672 converteuse ao catolicismo e casou coa princesa católica María de Modena, o que lle valeu a hostilidade dos whigs. O seu absolutismo, a protección indiscriminada dos católicos e o acercamento a Luís XIV fixérono impopular. A oposición aliouse con Guillerme de Nassau, stadhouder de Holanda, que desembarcou en Inglaterra e obrigouno a refuxiarse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Gante 1340 - Londres 1399) Conde de Richmond (1342) e duque de Lancaster (1362-1399), fillo de Eduardo III e Filipa de Hainaut. Coñecido como Carlos de Gante, acompañou o seu irmán, Eduardo de Inglaterra, o Príncipe Negro, na expedición a Castela. Viúvo da súa primeira muller, Branca de Lancaster, casou en 1371 con Constanza de Castela e reclamou a coroa castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Oxford 1167 - castelo de Newark, Nottinghamshire 1216) Rei de Inglaterra e duque de Normandie (1199-1216), señor de Irlanda (1177) e conde de Mortain (1189), fillo de Enrique II e Leonor de Aquitania. En 1199, ao morrer Ricardo I de Inglaterra, tomou o título de rei. En 1200 casou coa herdeira Isabel de Angulema, feito que provocou a oposición de Filipe Augusto de Francia e revoltas neste país. Practicou unha ríxida política represiva cos seus súbditos. A Desfeita de Poitou (1214) e dos seus aliados en Bouvins (1214) provocaron a revolta dos baróns, que ocuparon Londres (1215) e o forzaron a asinar a Carta Magna, considerada o documento inicial do sistema parlamentario inglés. As dificultades internas provocaron a guerra civil (1215-1217).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (10-19 de xullo de 1553), sobriña neta de Enrique VIII. De nome Jane Grey, casou con Lord Guilford Dudley e foi designada herdeira por Eduardo VI por instigación do seu sogro, o duque de Northumberland. Aínda que recoñecida como raíña polo Consello Real tras a morte do monarca, o pobo proclamou a María, neta de Enrique VIII, raíña de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e Irlanda (1714-1727), elector de Hannover (Xurxo I, 1698-1727) e duque de Lüneburg, fillo de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Sucesor de Ana I de Inglaterra, inaugurou a dinastía Hannover e accedeu ao trono coa axuda do grupo whig. A súa falta de interese pola política e os asuntos internos de Inglaterra valeulle a impopularidade entre os seus súbditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e de Irlanda e elector de Hannover (1727-1760), fillo de Xurxo I de Inglaterra. De escasas ambicións e capacidades, distinguiuse pola coraxe militar, polo acerto co que secundaba os seus ministros, dirixidos por Walpole e Pitt, e polo amor pola música e a vida cortesá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e de Irlanda, elector (1760-1820) e rei de Hannover (Xurxo III; 1814-1820), neto e sucesor de Xurxo II de Inglaterra. Proscribiu o grupo whig, e nomeou os ministros de signo tory. Durante o seu reinado tivo lugar a secesión das colonias americanas. Tras sufrir unha crise de alienación mental (1788), en 1811 asumiu a rexencia o seu sucesor, Xurxo IV de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e de Hannover (1820-1830), fillo e sucesor de Xurxo III de Inglaterra. Rexente desde 1811, despois da alienación do seu pai, aliouse co grupo whig, co que se enfrontara durante a rexencia (1812). Os escándalos e a impopularidade provocada polo seu matrimonio cunha católica e a súa dimisión política frustraron as súas posibilidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e de Irlanda do Norte (1910-1936) e emperador de India (1911-1936), fillo e sucesor de Eduardo VII de Inglaterra. Durante o seu reinado tivo que afrontar graves sucesos como a Primeira Guerra Mundial ou a independencia de Irlanda, pero contou co apoio popular. Deulle á súa dinastía (Saxonia-Coburgo-Gotha) o nome de Windsor e estableceu o modelo de monarquía británica contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Reino Unido e de Irlanda do Norte (1936-1952) e emperador da India (1936-1948), fillo e sucesor de Xurxo V de Inglaterra. Accedeu á coroa despois da abdicación do seu irmán Eduardo VIII. Tomou parte na Batalla de Xutlandia (1916) e a súa actitude de coraxe durante a Segunda Guerra Mundial deulle unha gran popularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO