Xoán I de Inglaterra Sen Terra
(Oxford 1167 - castelo de Newark, Nottinghamshire 1216) Rei de Inglaterra e duque de Normandie (1199-1216), señor de Irlanda (1177) e conde de Mortain (1189), fillo de Enrique II e Leonor de Aquitania. En 1199, ao morrer Ricardo I de Inglaterra, tomou o título de rei. En 1200 casou coa herdeira Isabel de Angulema, feito que provocou a oposición de Filipe Augusto de Francia e revoltas neste país. Practicou unha ríxida política represiva cos seus súbditos. A Desfeita de Poitou (1214) e dos seus aliados en Bouvins (1214) provocaron a revolta dos baróns, que ocuparon Londres (1215) e o forzaron a asinar a Carta Magna, considerada o documento inicial do sistema parlamentario inglés. As dificultades internas provocaron a guerra civil (1215-1217).