"Ith" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

  • PERSOEIRO

    Político. Director do semanario nacionalista The United Irishman (1901), fundou o movemento Sinn Féin (1902) de loita pola independencia. Elixido vicepresidente da República de Irlanda (1918), accedeu á presidencia trala dimisión de E. De Valera (1921) e asinou o Tratado de Londres, que establecía a división de Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou como actor de teatro, guionista e dirixiu algunhas curtametraxes. Foi un dos maiores impulsores das técnicas cinematográficas, xa que inventou o primeiro plano, a montaxe paralela, o travelling e o flash-back. A principios da segunda década do s XX instalouse, xunto cun grupo de actores e técnicos, no lugar deshabitado de Holly-wood, preto de Los Angeles. Alí dedicouse a rodar películas, entre as que destacan Judith of Bethulia (1914), The Birth of a Nation (1915), America (1924), Isn’t Life Wonderful (1924), The Battle of the Sexes (1928) ou Abraham Lincoln (1930). En 1919 creou, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, a produtora independente United Artists.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla da actriz Tippi Hedren. Estudiou no Hollywood Profesional School e debutou como actriz secundaria en varias películas como Night Moves (1975) e The Drowning Pool (1975). Despois dunha etapa irregular, a partir da década de 1980 protagonizou distintos filmes, entre os que destacan Body Double (1984), The Milagro Beanfield War (1988), The Bonfire of the Vanities (1990), Born Yesterday (1993), Two Much (1995), Shadow of Doubt (1998), Crazy in Alabama (1999), Forever Lulu (2000) e The Night We Called It a Day (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa galesa. Compuxo himnos relixiosos de expresión espontánea e intensidade melancólica, e tivo unha grande influencia na lírica galesa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Representante da cultura urbana neoiorquina e da underground, a súa obra caracterizouse pola instantaneidade, pola diversidade de espacios que expresa, desde o metro de Nova York, as paredes das rúas, roupa ata o corpo humano, e pola súa peculiar linguaxe xestual e de signos. Moitas das súas obras puxeron en dúbida as definicións da arte e as fronteiras entre a arte popular e a elitista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estaunidense. Nas súas obras, de forte contido psicolóxico, empregaba técnicas da novela negra e policial para crear ambientes opresivos. Creou o personaxe de Ripley, protagonista dalgunha das súas obras, como The Talented Mr Ripley (1955), levada ao cine por R. Clément en 1960; Ripley Under Ground (1971) e Ripley’s Game (1974), cunha versión cinematográfica de W. Wenders (1977). Cómpre tamén salientar os títulos Strangers in a Train (1951), levada ao cine por A. Hitchcock; Edith’s Diary (1977), Little Tales of Misogyny (1977), Pleople Who Knock on the Door (1983) e Mermaids on the Golf Course and other Stories (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Despois dunhas primeiras obras de estilo posromántico, vinculouse ao vangardismo. Estreou para o teatro Mörder, Hoffnung der Frauen (Asasinos, esperanza das mulleres, 1921), o ballet Nusch-Nuschi (1921) e as óperas Cardillac (1926) e Lehrstück (Peza didáctica, 1929), con textos de Bertolt Brecht. Evolucionou cara a un estilo neoclásico cos concertos de cámara e, coa ópera Mathis der Maler (Matias o pintor, 1938) volveu á música posromántica. Tamén destaca o concerto para violín e orquestra (1939) e o de clarinete e orquestra (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Druída celta, fillo de Breogán. Conta a lenda que unha vez que se atopaba no alto da Torre de Breogán, contemplando o mundo que tiña ao seu redor, pareceulle ver no horizonte unha sombra parecida a unha illa. Preparou, daquela, unha expedición e embarcou cara a esas terras; así foi como os celtas de Galicia chegaron a Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir do verán de 1987. Subtitulouse “Cartafol da Irmandade Céltiga”. Dirixida por Xosé B. Romero, tentaba ser un instrumento para a difusión e recuperación das tradicións célticas de Galicia. Ademais engadiu diversas seccións relativas á música, á crítica de libros e á ecoloxía e prestou unha atención especial aos autores galegos preocupados polo celtismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e antropólogo escocés. Fixo importantes traballos na reconstrución do home prehistórico a partir de restos. Xunto con M. W. Flack descubriu o módulo sinoauricular. Publicou, entre outros, Concerning Man’s Origin (1927) e A New Theory of Human Evolution (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Grecia, situado na illa de Creta (1.823 km2; 71.279 h [1991]). A capital é Hágion Nikólaos (8.344 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demo de sexo feminino, posiblemente de orixe asirio-babilónica da tradición rabínica. Posiblemente foi esposa de Adán e debeu ter con el varios fillos, tamén demos. Hai diversas lendas sobre a súa figura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos quilópodos, da familia dos litóbodos, que ten 15 pares de patas provistas de unllas, cabeza con longas antenas articuladas, un par de mandíbulas e dous de maxilas. As súas especies, coñecidas tamén como cempés, son carnívoras, velenosas, de rápidos movementos, nocturnas e habitan baixo pedras ou troncos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbustivas, da familia das boraxináceas, que presenta follas alternas, flores de cor azul, lila ou branca e corola regular e froito formado por catro clusas. En Galicia son comúns as especies L. fruticosa (herba das sete sangrías) e L. prostrata (herba das doas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos espáridos, onde a especie máis representativa é L. mormyrus, que presenta o corpo alongado e aplanado, beizos grosos, ollos pequenos e aleta dorsal continua e espinosa. Pódese atopar nos fondos areosos preto da praia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas rodofíceas, da familia das coralináceas, que presenta o talo calcificado de tipo incrutante e conceptáculos con forma verrugosa. En Galicia podemos atopar as especies L. incrustans e L. lichenoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas rodofíceas, da familia das coralináceas, que presenta o talo de carbonato cálcico, de tipo incrustante. As súas especies son masivas e non litorais. En Galicia atópase a especie L. calcareum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Coñecido como Jack London, destacou pola temática dos seus relatos, nos que fala da volta dun ser civilizado ao seu estado primitivo e da loita pola supervivencia. Escribiu The Son of the Wolf (1900), The Call of the Wild (1903), The People of the Abyss (1903), The Seawolf (1904), White Fang (1906), The Iron Heel (1907) e South Sea Tales (1911), ademais da autobiográfica Martin Eden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Interpretou a historia e a súa significación a partir dunha perspectiva antropolóxica occidental, que considera o home como un ser natural, á marxe de calquera dimensión transcendente. Escribiu Kierkegaard und Nietzsche (1933), Von Hegel zu Nietzsche (1941) e Welgeschichte und Heilsgeschehen (Historia mundial e acontecemento salvador, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO