Ith

Ith
[MIT]

Druída celta, fillo de Breogán. Conta a lenda que unha vez que se atopaba no alto da Torre de Breogán, contemplando o mundo que tiña ao seu redor, pareceulle ver no horizonte unha sombra parecida a unha illa. Preparou, daquela, unha expedición e embarcou cara a esas terras; así foi como os celtas de Galicia chegaron a Irlanda.