Itero de la Vega

Itero de la Vega

Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (226 h [2001]). O Puente Fitero comunícao con Itero del Castillo (Burgos). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de San Pedro, gótica do s XIII, e o Rollo de Justicia, renacentista, situado na praza da vila e declarado Ben de Interese Cultural en 1966.