"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Ilustrador, pintor e deseñador gráfico. Dende 1995 colabora en diferentes seccións no xornal El Progreso (“El Parapeto”, “Los sueños de la comadreja”, “A Tarabela”, “Furtivos y Cazadotes”) e na revista Bravú. Dende a súa primeira exposición individual en 1985, “Europa ha muerto” (Asociación Cultural A Estrada), realiza periodicamente mostras, individuais e colectivas. Entre as súas publicacións destacan: O Conde Vampiro, El Parapeto, Contos de Jack London, Crónica negra de Lugo e Lugo XX. Historia para un milenio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito occitano. Profesor da Université de Toulouse, escribiu varios traballos sobre gramática provenzal e sobre os trobadores. Entre as súas obras destacan Les Troubadours (Os trobadores, 1908) e Histoire sommaire de la littérature meridionale au Moyen Age (Historia sumaria da literatura meridional na Idade Media, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador hispanoamericano. Foi oídor da Audiencia de Panamá e protector de indios na Audiencia de Charcas. En 1721 enviárono a Paraguai para resolver as diferencias entre os crioulos e o gobernador de Asunción, Diego de los Reyes Balsameda. Adheriuse ás posicións dos crioulos e destituíu o gobernador; así mesmo, apoiado polo cabido ocupou el mesmo o cargo de gobernador. En 1723, o conflito rematou en tensións bélicas que levaron á invasión das misións dos xesuítas e á derrota dos guaranís. Malia que o vicerrei ordenou a reposición de Reyes en Asunción, Antequera logrou resistir ata 1725, cando entrou nesa cidade Bruno de Zabala, que procedía de Bos Aires. Procurou a súa defensa perante a Audiencia de Charcas, sen embargo, foi detido e enviado a Lima, onde foi condeado a morte. Morreu no transcurso dun motín popular que se produciu en Lima no momento en que ía ser axustizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Dirixiu os filmes The Rainmaker (Bágoas do ceo, 1956), The Matchmaker (A mercadora da felicidade, 1957), Career (Calvario da gloria, 1956), All in a Night´s Work (A dama da madrugada, 1961), The captive city (Os heroes tamén matan, 1963) e Tomorrow (Mañá, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio José Martínez Palacios.
-
PERSOEIRO
Home de negocios, funcionario real e xeógrafo. Serviu a Carlos II (1688-1700) como axudante do tesoureiro e ocupouse da organización e abastecemento do exército. Foi cuarto conselleiro de Barcelona (1699), serviu logo á causa da dinastía borbónica e interveu no donativo das Cortes ao Principado (1701 e 1706). Propugnou a mellora da organización financeira de Catalunya, a creación dun porto franco en Barcelona e a industrialización do país catalán. Tras viaxar por toda Catalunya elaborou un mapa que dedicou a Filipe V (1720) no que se describían xa as fronteiras dos correxementos sobre as demarcacións das veguerías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor de cámara de Fernando VII (1815). Foi discípulo de Jacques-Louis David, pero a súa estética é máis ben prerromántica. Sobresaíu polo tratamento dos temas históricos nas súas obras, das que destacan El combate de san Marcial e El hambre en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral. Xefe das forzas da Garda Civil en Catalunya, non colaborou no Alzamento militar do 18 de xullo do 1936 contra o goberno da Segunda República, que daría lugar á Guerra Civil española (1936-1939). Púxose ao servizo do goberno da Generalitat, resultando decisiva a súa intervención á fronte da Garda Civil nos combates do 19 de xullo para o mantemento da legalidade republicana en Catalunya. O goberno da República nomeouno comandante militar de Catalunya e despois de València, trala rendición de Catalunya. Foi fusilado ao rematar a Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Luis López Aranguren.
-
PERSOEIRO
Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vasco. Figura destacada do movemento cooperativista de Euskadi, incorporouse ás xuventudes nacionalistas (ECI) no 1961, e ao EAJ-PNV no 1979. Alcalde de Arrasate (1979-1983) e deputado xeral de Gipuzkoa (1983), foi elixido lehendakari (presidente do goberno vasco) trala demisión de Carlos Garaicoetxea (1985), foi reelixido en 1987, 1990 e 1994. Retirouse da vida política en 1998 ao rexeitar presentarse á reelección nos comicios do 25 de outubro. Logo das eleccións de 1986 e ata a súa retirada, os gobernos que presidiu foron sempre en coalición co PSOE, con Euskadiko Eskerra e con Eusko Alkartasuna (escisión do PNV liderada por Carlos Garaicoetxea ata novembro de 1999). Durante os seus anos de goberno esforzouse en conseguir a paz no País Vasco. Froito dos seus esforzos nese eido foi o Pacto de Ajuria Enea (12.1.1988), que se converteu nun foro de debate de todos os partidos con representacións nas institucións vascas, agás Herri Batasuna. Tamén promoveu o Pacto de Lizarra, asinado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Aos dezanove anos partiu cara á Habana onde fundou a Orquesta de Cámara de La Habana (1934). Despois da Revolución Cubana (1959), foi Director Nacional de Música e impulsou a formación da Orquesta Sinfónica Nacional de Cuba. Compuxo música coral, de cámara, sonatas e música para cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Primeiro Presidente do seu país (1945-1950) durante o período revolucionario instaurado á caída do ditador J. Ubico (1944). Introduciu reformas democráticas e practicou unha política anticolonialista. Deixou un código penal e un proxecto de reforma agraria que o seu sucesor, Arbenz, levaría a cabo a partir de 1951. Autor, entre outras obras, de Guatemala: la democracia y el imperio (1954) e Anticomunismo en América Latina (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor peruano. Profesor de etnoloxía e lingua quechua, na que escribiu parte da súa obra. É autor de contos e novelas como Los ríos profundos (1959) e Todas las sangres (1965). A súa narrativa ofrece unha visión da realidade social dos indios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Novelista, ensaísta e crítico literario. Escribiu as obras Dos mujeres (1952) e La cita tremenda (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo inglés. Estudiou especialmente a estratigrafía do Xurásico e fixo unha detallada clasificación dos fósiles do xénero Ammonites. Contribuíu ao establecemento dunha nomenclatura estratigráfica práctica. Publicou Jurassic Geology of the World (Xeoloxía xurásica da Terra, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Introduciu unha fórmula ou esquema que leva o seu nome para establecer a proporción dos leucocitos polinucleares do sangue. Se a fórmula reflicte un predominio de células con núcleo pouco segmentado, indica que estas son moi novas; se predominan as hipersegmentadas, indica unha falta de vitamina B12. A fórmula de Arneth caeu en desuso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Como narrador publicou Varia invención (1949), colección de contos reeditados posteriormente, xunto con outros contos, no volume Confabulario total (1941-1961) (1962). Cómpre salientar tamén as novelas La feria (1964) e Palíndroma (1971), e a obra de teatro La hora de todos (1954).
VER O DETALLE DO TERMO