Areilza y Martínez de Rodas, José María de
Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo o Premio Nacional de Literatura. Outras obras súas de carácter político ou ensaístico son: Diario de un ministro de la monarquía (1979), Cuadernos de la transición (1983) ou La Europa que queremos (1986). Así mesmo, publicou obras de carácter literario e en 1992 as súas memorias: A lo largo del siglo, 1909-1991.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Portugalete, Bizkaia -
Deceso
Lugar : Madrid