"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Escritor en lingua hebrea. É autor de ensaios sobre escritores hebreos modernos. Instituíuse en Israel un premio literario á súa memoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico militar francés, profesor na Universidade de París. Sostivo que as enfermidades eran secundarias a unha inflamación de aparello dixestivo, e elaborou unha teoría (broussaismo) segundo a que practicamente o único tratamento efectivo eran as sangrías.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político francés. Discípulo de Saint-Simon, afastouse deste e tratou de facer unha síntese entre o socialismo, o cristianismo e o ideal revolucionario. Foi presidente da Asemblea Constituínte de 1848. Escribiu, entre outras obras, Histoire parlamentaire de la Révolution française (Historia parlamentaria da revolución francesa, 1834-1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo anglicano. Foi bispo de Bristol e de Durham. É un dos expoñentes principais, en Inglaterra, da teoloxía natural e da ética posterior á Reforma. Publicou Fifteen Sermons (Quince sermóns, 1726) e Analogy of Religion (Analoxía da relixión, 1736), obra na que defende a racionalidade da relixión natural e revelada fronte ao racionalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e sacerdote. Na súa obra máis importante Icones et descriptiones plantarum, quae aut sponte in Hispania crescuunt, aut in hortis hospitantur (Imaxes e descricións das plantas, que ou ben crecen espontaneamente en Hispania, ou ben viven nos campos, 1791-1801) chega a describir e debuxar 712 plantas da Península Ibérica, América, Filipinas e Australia. En 1801 foi nomeado catedrático e director do xardín botánico de Madrid, onde se conserva o seu legado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Foi ministro de Facenda nos gabinetes de Waldeck-Rousseau representando ao partido radical (1899) e de Clemenceau (1906-1909). Nomeado presidente do Consello en 1911, volveu ao ministerio de Facenda (1913-1914). Logo dunha campaña de difamación, a súa dona asasinou o director de Le Figaro, Cailloux tivo que dimitir no medio do escándalo. Acusado de axudar ao inimigo, foi condenado a tres anos de cárcere en 1917. Amnistiado en 1925, incorporouse ao ministerio de Facenda, que dirixiu ata 1940. No final da vida escribiu Mes mémoires (As miñas memorias, 1942-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Amais de participar en numerosas longametraxes como actor secundario, traballou na radio e no teatro, tanto en Gran Bretaña como nos EE UU. Entre algúns dos seus papeis, cómpre destacar os filmes: His Woman (A súa muller, 1931), Gilda (1946), Wild is the Wind (Vento salvaxe, 1957), Touch of Evil (Sede de mal, 1958) e Johnny Cool (Johnny o Frío, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Formouse na École de Chartres como arquivei-ro-paleógrafo e doutorouse en letras na École Française de Roma. Estudiou o mundo feudal cunha metodoloxía historiográfica tradicional. É autor de L’élaboration du monde moderne (A formación do mundo moderno, 1934) e Le Moyen-Age (A Idade Media, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escenógrafo e debuxante. Estudiou debuxo e perspectiva en València. En 1866 instalouse en París, onde traballou cos escenógrafos Cambon e Chéret, e a partir de 1872 en Barcelona con Francesc Soler i Rovirosa. Foi catedrático de Perspectiva en Llotja desde 1896. En 1912 publicou uns Apuntes sobre perspectiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Membro da Asemblea Lexislativa, da Convención e do primeiro Comité de Salvación Pública (1793), estableceu o Grand Livre de la Dette Publique. Provocou a primeira votación contraria a Robespierre, pero acusárono de malversación e excluírono do Comité. Foi membro da cámara napoleónica dos Cen Días e acabou exiliado en Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi discípulo de Vincent d’Indy na Schola Cantorum. Escribiu dúas óperas, aínda que o seu traballo máis importante realizouno como folclorista. Destacan os Chants d’Auvergne (1923-1930), escolma de cancións populares, harmonizadas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Debutou no Liceu de Barcelona aos once anos de idade (3.1.1958) como Trujamán do Retablo de Maese Pedro, de Falla, e posteriormente participou en La bohème de Puccini e na estrea da ópera Amunt de Manuel Altisent. Entre 1964 e 1966 estudiou canto con Jaume Francesc Puig e Joan Ruax. Estreouse profesionalmente o 8 de xaneiro de 1970 interpretando a Flavio da Norma de Bellini, ao lado de Monserrat Caballé. As súas primeiras actuacións de relevancia tiveron lugar no Liceu (Gennaro de Lucrezia Borgia e Ismaele de Nabuco) e en Donostia (Arturo de Lucia di Lammermoor). Gañou o concurso Giuseppe Verdi de Parma (1971) e debutou nese mesmo teatro en 1972 ao carón de Katia Riciarelli, como Rodolfo de La bohème. Actuou nos principais teatros do mundo, e no Colón de Bos Aires, en San Francisco; no Metropolitan de Nova York e en Múnic, en Viena e no Covent Garden de Londres ou na Scala de Milán. En 1976 interpretou en Salzburgo o Réquiem de Verdi. Cantou ao lado de Monserrat Caballé,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor en Montpellier, Lyon, Nancy e na Université de la Sorbonne. Traballou no campo da teoría de grupos. Xunto con H. Poincaré desenvolveu o cálculo de formas diferenciais exteriores sobre variedades diferenciables sentou as bases do concepto de fibrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Entre as obras que realizou para a catedral de Lugo destacan a cruz procesional de prata (1782) e sete candelabros de prata para o altar maior (1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Fundou o primeiro departamento de xeografía aplicada de España e creou a primeira licenciatura de Xeografía, independente da de Historia. Entre 1965 e 1985 foi catedrático de Xeografía na Universidad de Madrid e director do Instituto de Geografía Aplicada do CSIC e da revista Geographica. Investigou os movementos migratorios e naturais da poboación de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e enxeñeiro industrial. Catedrático de Economía na Universidad de Madrid, está considerado como un dos introdutores da econometría en España. Publicou Lecciones de teoría económica (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e ensaísta. Director literario de Edicions 62, foi o primeiro presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1978-1983) e colaborou en diversas revistas como Ínsula, Índice ou Serra d’Or. Da súa produción destacan as obras: Notas sobre literatura contemporánea (1955), La hora del lector (1957), Poesia, realisme, història (1965), Josep Pla o la raó narrativa (1978), La cultura e les cultures (1985) e Els escenaris de la memòria (1988). Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director norteamericano. Despois de realizar estudios na Universidade de Drake, comezou a súa actividade como actor na compañía The Living Theatre. En 1964 formou a compañía The Open Theatre, coa que realizou diversos traballos nos que destaca o pulo experimental e o traballo de creación colectiva. Os fundamentos dos seus traballos como director recolléronse no volume The Presence of the Actor (A presenza do actor, 1972)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde de Birmingham en 1873 e, como membro do Partido Liberal, exerceu o cargo de ministro de Comercio (1880-1885). En 1895 foi nomeado ministro de Colonias; dende o seu cargo apoiou a Guerra dos Bóers (1899-1902). En 1900 outorgou o estatuto de dominio a Australia e a Nova Zelanda. Contrario ao libre cambio, presentou un proxecto que propugnaba a implantación dun sistema comercial proteccionista entre os membros do Imperio Británico, pero non foi aceptado. Retirouse da política en 1906 ao ser derrotado o Partido Liberal Unionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, fillo de Joseph Chamberlain. Foi elixido deputado liberal unionista en 1892. Durante o ministerio de Balfour exerceu como ministro de Finanzas (1903-1906). Foi secretario para a India dende 1915 ata 1918, ano no que regresou ao ministerio de Finanzas. Secundou a política proteccionista do seu pai e estableceu unha rigorosa política fiscal que foi moi criticada. Ministro de Asuntos Exteriores (1924-1929), promoveu o Pacto de Locarno (1925) e prestou o seu apoio ao de Briand-Kellogg (1928) e á Sociedade de Nacións. En 1925 recibiu, xunto con Charles Drawes, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO