"Kola" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • (Tambov 1903 - Moscova 1988) Matemático ruso. Foi profesor na Universidade de Moscova. Fixo importantes investigacións sobre a teoría das funcións reais, sobre a teoría da medida e sobre lóxica intuicionista. Propuxo a axiomática da teoría matemática moderna da probabilidade, coñecida co nome de axiomática de Kolmogorov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1892 - ? 1931) Economista ruso. Profesor da Academia de Agricultura, despois da Revolución de Outubro foi responsable do Instituto de Investigacións Comerciais de Moscova e formou parte do Comisariado de Finanzas. Teorizou a existencia de ciclos longos de crecemento capitalista de entre 40 e 60 anos, que posteriormente tomou o nome de ondas longas ou ciclo Kondratjev. En 1930 foi arrestado, acusado de ser dirixente do proscrito Partido Obreiro e Campesiño e exiliado en Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toruń 1473 - Frauenburg 1543) Astrónomo polaco. Coñecido como Nicolao Copérnico, estudiou na Universidade de Cracovia (1491-1494) onde foi discípulo do matemático Wojciech Brudzewski. Viaxou por Italia e inscribiuse na Universidade de Boloña (1496-1499), onde estudiou dereito, medicina, grego e filosofía, e traballou como asistente do astrónomo Domenico da Novara. En 1500 foi a Roma, onde impartiu un curso de matemáticas e de astronomía, e en 1501 volveu á súa patria e tomou posesión dunha coenxía da catedral de Frauenburg, cargo obtido grazas á axuda do seu tío Lucas Watzelrode. A pesar do seu cargo, volveu a Italia, esta vez a Padua (1501-1506), para estudar dereito e medicina; pero fixo unha breve estadía en Ferrara (1503), onde obtivo o grao de doutor en dereito canónico. Reinstalado definitivamente no seu país (1512), atendeu a administración da diocese de Ermland, exerceu a medicina, ocupou certos cargos administrativos e levou a cabo o seu intenso traballo no campo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1904 - Moscova 1980) Político ruso. Militante comunista desde 1927, foi primeiro ministro (1964-1980), formando parte da troica directora da URSS, con L.I. Brežnev e N.V. Podgorny. Favoreceu a distensión diplomática con EE UU e o reforzamento dos lazos económicos con Occidente. Desde 1970 foi progresivamente eclipsado pola acumulación de poderes de Brežnev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Coñecido como Nicolao de Cusa, foi clérigo desde 1416. Estudiou gramática, filosofía, dereito canónico e matemáticas e doutorouse en Padua. En Colonia, estudiou teoloxía e coñeceu o cardeal Orsini, co que colaborou en diferentes bibliotecas; entrou tamén en relación cos humanistas italianos. No Concilio de Basilea (1431) propuxo a plena primacía pontificia. En De concordantia catholica (1432-1433) presentou unha concepción medieval dos poderes (imperio e papado), pero defendeu a súa mutua independencia. A súa obra capital é De docta ignorantia (1440). Nesta e noutras posteriores, como De coniecturis (1442) e Apologia doctae ignorantiae (1462-1463), sostivo que, máis ca a razón dedutiva é a intuición da intelixencia o que permite coñecer a Deus, o universo e o home. Nomeado cardeal en 1448 por Nicolao V, foi bispo de Bressanone e vicario do Papa Pío II en Roma, onde viviu pobremente e formulou unha reforma do clericato romano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nikolaus Franz Niembsch

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Abandonou a medicina pola literatura. Influído por N. J. Danilevskij, propugnou para Rusia un mesianismo bizantino político, social e relixioso nas súas obras Rusia e O oriente e os eslavos (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Reelaborou lendas propulares e escribiu relatos e novelas polémicas contra os nihilistas. A vida do pobo ruso e das relixións foron os temas fundamentais das súas obras, como en Ledi Macbeth Mcenskogo ujzeda (Lady Macbeth do distrito de Mcensk, 1865), sobre a que Šostakovič compuxo a ópera homónima en 1934; e Sobor’ane (Xente de igrexa, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo ruso. O seu pensamento en lóxica propugnou unha teoría do xuízo a partir do contido dos conceptos e, en metafísica, expuxo un idealismo de orientación plotiniana. Das súas obras destacan Fundamentos do intuicionismo (1906) e Manual de lóxica (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Discípulo de Rimskij-Korsakov, realizou un total de 27 sinfonías. Interesouse polas innovacións harmónicas de Aleksandr Nicolajevič Skr abin, aínda que o seu estilo foi conservador no aspecto formal. Compuxo os poemas sinfónicos Nunca máis e Alastor, ademais de tres sonatas para piano, nove cuartetos de corda e numerosas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicista, sociólogo e crítico ruso. Como teórico do movemento revolucionario dos narodniki (populistas), tivo unha grande influencia entre os intelectuais rusos da época. Inimigo do determinismo histórico, deulle moita importancia ao heroe intelectual como dirixente revolucionario das masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente dos cadetes, foi ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional (marzo de 1917) en Rusia, pero a súa política de continuar a guerra provocou unha oposición popular, feito que o obrigou a dimitir e exiliarse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo húngaro. Naturalizado estadounidense, en 1920 abriu o seu estudo en Nova York e colaborou con Harper’s Bazzar (1921) e Vanity Fair (1926). A partir de 1929 os seus traballos publicáronse en Vogue, Ladie’s Home Journal e New York Times, centrados na fotografía de moda, os actores cinematográficos e as mulleres. Foi o fotógrafo oficial de EE UU nos xogos olímpicos de 1928 e 1932. A través de Carl Van Vetchen coñeceu artistas mexicanos como Miguel Covarrubias, Diego Rivera ou Frida Khalo, dos que fixo varias series de fotografías que constituíron o Nickolas Muray Collection of Mexican Art (1925-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Destacado tradutor e crítico literario, os seus primeiros poemas son de estilo romántico e popular lituano. A partir de 1918 compuxo poemas patrióticos simbolistas, e tamén outros de aspecto místico. Na prosa adoptou técnicas realistas. Publicou Raudoni žiedai (Flores vermellas, 1913), Vergas (O escravo, 1924) e Altoriu šešėly (Á sombra do altar, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Ucraína (510.146 h [estim 1998]). É un dos centros máis importantes do S de Ucraína. Destacan as construcións mecánicas e a industria lixeira e alimentaria. Foi fundada como fortificación en 1784 e é cidade desde 1789.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (24.600 km2; 1.322.500 h [estim 1998]). A súa capital é Mykolajiv.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con F. Busoni en Berlín e, en 1939, emigrou a EE UU. Das súas composicións destacan as óperas Rasputin’s End (1958) e Love’s Labour Lost (1970), os ballets Union Pacific (1924) e Oda (1928) e diversas obras para orquestra e coro.

    VER O DETALLE DO TERMO