"Kra" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 51.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de ferro e potasio, de fórmula KFe(SO4)2·H2O. Cristaliza no sistema monocíclico e é de cor amarela e verdosa.
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. Publicou contos, poemas e vaudevilles, e fundou a revista Sovremennik. O triste destino dos pobres da capital foi o tema do libro Peterburgskie ugly (Rincóns de Peterburgo, 1845). A súa poesía enriqueceuse co espírito progresista da época, como en N’esčastnye (Os desgraciados, 1856). Influíu de forma decisiva na poesía rusa e soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Armador e home de finanzas grego. Cando se produciu a invasión turca (1922) emigrou a Arxentina, onde foi cónsul xeral de Grecia. Iniciou a súa aventura empresarial coa manufactura de tabaco e o fretamento de barcos mercantes. Foi o administrador de numerosas sociedades de todo o mundo e o principal accionista da Societé des Bains de Mer de Mónaco (ata 1967). Fundou a compañía de navegación aérea Olympic Airways e a marítima Olympic Cruises. A partir de 1967 foi un dos principais partidarios e sustentadores do réxime grego dos coroneis e en 1969 creou a compañía petroleira Omega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de pequenas columnas de xeo que aparecen na superficie do solo, elevando os materiais soltos algúns centímetros. Fórmanse durante as xeadas bruscas nas rexións temperadas. Este proceso desencadea unha imperceptible pero eficaz reptación das pequenas partículas sobre as abas.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Intentou superar o dualismo do temporal e o intemporal mostrando o que hai de intemporal no temporal e viceversa. Dividiu a ciencia das ideas lóxicas en metafísica, lóxica e ideolóxica. Escribiu Asthetische und poetische Mitteilungen (Comunicacións estéticas e poéticas, 1827), Encyklopädie der theologischen Wissenchafen (Enciclopedia das ciencias teolóxicas, 1831), Studien (Estudos, 1839-1840), Meine Reform der hegelschen Philosophie (A miña reforma da filosofía hegeliana, 1852), Wissenschaft der logischen Idee (Ciencia das ideas lóxicas, 1858-1859) e Neue Studien (Novos estudos, 1875-1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Coñecido como V’ačeslav Mikhajlovič Molotov, en 1906 ingresou no partido bolxevique. Presidente do Consello de Comisarios do Pobo (1930) e do Komitern (1930-1934), en 1939 foi nomeado Comisario do Pobo e despois ministro de Asuntos Exteriores, e como tal asinou o pacto de non agresión xermano-soviética. Co inicio da destalinización (1956) foi destituído do seu cargo e expulsado do comité central do PCUS en 1957, e do partido en 1962. En 1984 foi readmitido no PCUS. Deu nome ao cóctel Molotov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania (775 km2; 44.339 h [estim 1993]). A súa capital é Çorovodë (7.900 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de síntese que permite a preparación da quinoleína e dos seus derivados a partir dunha anilina que se trata con glicerol, ácido sulfúrico e un axente oxidante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política alemá creada no Congreso de Gotha (1875), co nome, ata 1890, de Sozialistische Arbeiterpartei, Deutschlands. Nace como resultado da unión da Allgemeiner Deutscher Arbeiterverein fundada por F. Lassalle en 1863, e o Sozialdemokratisches Arbeiterpartei fundado en 1860 no Congreso de Eisenbach por A.Bebel e W.Liebknecht. No Congreso de Erfurt (1891) adoptou un programa marxista revolucionario defendido por Kautsky. A partir de 1896 tomou parte a tendencia revisionista de Eduard Bernstein. Tras a Primeira Guerra Mundial, accedeu ao poder con F. Ebert, e foi o responsable principal da represión sanguenta da revolución espartaquista de 1919. Despois da Segunda Guerra Mundial, dirixido por Kurt Schumacher, quedou reducido á República Federal de Alemaña. A súa evolución cara á dereita acentuouse, ata que, baixo a dirección de Ollenhauer, renunciou ao marxismo (Congreso de Bad Godesberg, 1959). Dirixido por Willy Brandt, en 1966 participou no goberno de gran...
-
PERSOEIRO
Poetisa ucraína. De nome Larisa Petrovna Kosac-Kvitka, é unha das poetisas máis importantes da literatura ucraína. A súa primeira obra lírica, Nevil’nycyj pisno (Cantos dos escravos, 1895), constitúe un enxalzamento do populismo e do socialismo. Escribiu tamén teatro, como Kaminnyj Hospodar (O amo de pedra, 1912) e Lisova pisnja (O canto do bosque, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO