"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
-
Acción e efecto de anular ou anularse.
-
Formación de aneis.
-
Formación circular semellante a un anel.
-
Acción e efecto de anular un acto ou un negocio xurídico.
-
Na psicanálise, mecanismo de defensa que consiste en transformar afectos, pensamentos, palabras, xestos ou actos pasados, inaceptables para o suxeito consciente, nos seus contrarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos Apalaches.
-
Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cordal de dobramento de América do Norte, aproximadamente paralelo ao litoral NL. Vai desde a península de Gaspé e Nova Brunsvic, no Canadá, ata as chairas do S-L de Alabama, nos EE UU (máis de 2.600 km de lonxitude e 200-300 km de anchura). O sistema montañoso pode dividirse en tres partes: A zona setentrional vai desde Terranova ata o río Hudson e inclúe as montañas de Shieckshock, de Notre-Dame, as White Mountains de Nova Hampshire e as Green Mountains de Vermont. A zona central comprende a rexión do Great Valley, os altiplanos de Allegheny de Nova York, o oeste de Pensilvania e de Virxinia e unha gran parte do Blue Ridge. A zona meridional está formada por unha grande extensión da plataforma de Piedmont. O pico máis elevado dos Apalaches é o Mitchell (2.037 m). As rochas que a compoñen son esencialmente de dous tipos: ígneas (granitos) e sedimentarias do Paleozoico, ás veces fortemente metamorforseadas por intrusións graníticas, con representación de todos os pisos dende o Cámbrico...
-
-
Acción de apelar.
-
Nome que se dá a alguén ou a algunha cousa.
-
Recurso xudicial que interpón a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal interposta perante un xuíz ou tribunal superior, a fin de que este decida de novo sobre o asunto. Deu lugar a un novo estudo e decisión do feito, tendo en conta as actuacións do preito inicial e as novas alegacións das partes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser aplacado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza delgada que se engancha nunha superficie para mellorar algunhas calidades do elemento que lle fai de soporte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mitigar ou diminuír a intensidade do mal carácter, da ira e da violencia de algo ou alguén contra un obxecto ou persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos marsupiais e dos monotremas por ser mamíferos desprovistos de placenta.
-
-
Molusco da antiga clase dos aplacóforos.
-
Antiga clase de moluscos que englobaba as actuais clases dos solenoastros e dos caudofoveados. Algúns zoólogos manteñen este termo como sinónimo de solenogastros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos polisacáridos formados por unidades de arabinosa e galactosa. As arabinogalactanas extraídas de certos salgueiros (polímeros moi ramificados, de peso molecular 70.000-90.000, solubles en auga) utilízanse industrialmente como dispersantes e emulsionantes.
-
GALICIA
Eclesiástico e doutor en Teoloxía. Foi abade dos mosteiros de Sobrado e Meira. Escribiu Epítome de la vida de la V. Madre Ana de Jesús, discípula de Santa Teresa (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monxe bieito e historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos e na Ribeira Sacra. É autor de diferentes artigos publicados en obras colectivas (El monacato en Galicia, 1972, de Hipólito de Sá Bravo) e revistas; así mesmo, é autor da Novena biográfica del glorioso San Pedro de Mezonzo, autor de la Salve (1942) e da Historia del Real Monasterio de Samos (1950).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixación dun grupo arilo sobre unha molécula orgánica.
-
PERSOEIRO
Compositor, virtuoso da viola de amor e organista. É autor de óperas, oratorios e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Zona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal (ósos, artellos) que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por: superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares e protexen do desgaste; ligamentos articulares, que manteñen en contacto as superficies articulares; cápsula articular ou sinovial, que limita a articulación e segrega a sinovia que a lubrifica. Considéranse tres tipos de articulacións óseas segundo o grao de mobilidade: as sinartroses, inmóbiles, como as articulacións dos ósos do cranio; as anfiartroses, que teñen movementos de balanceo, como as articulacións das vértebras e da sínfise púbica; e as diartroses, de movementos amplos, como as articulacións do xeonllo e do cóbado.
-
articulación de Chopart
Articulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.
-
articulación de Cruveilhier
Articulación alantoodontoidal humana.
-
articulación de Lisfranc
Articulación tarsometatarsiana do ser humano.
-
-
Nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.
-
Unión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión. O desprazamento pode estar limitado só a un plano, como é o caso das bisagras, dos garfos, das unións biela-manivela, etc, ou pode atinxir un ámbito espacial relativamente amplo, como é o caso das rótulas.
-
Acción de enunciar en artigos separados.
-
-
Posición e movementos, activos e pasivos, globais dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo. Na fonética tradicional, sóense distinguir tres tipos de trazos articulatorios: o punto, o modo e o tempo de articulación. O punto de articulación fai referencia ao lugar no que se aplican os órganos de fonación para producir un son. O modo de articulación indica o grao de abertura dos órganos. O tempo de articulación clasifícase en tres etapas ou momentos case sempre ben diferenciados: intensión, tensión e distensión.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno particular de palatización que consiste no adiantamento do lugar de articulación dun fonema posterior que se converte, cando chega a esta etapa, noutro sibilante por influencia asimilatoria dun fonema palatal que o atrae. No caso de velar latina /k/ seguida dos fonemas vocálicos e, i, que foi atraída cara ao padal pola velar seguinte, desenvolveu ese elemento fricativo converténdose unha consoante fricativa interdental xorda [kei >k’ >tš >ts >s]. O galego evolucionou o seu punto de articulación ata o /T/
-
-
Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.
-
Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo. Efectúase mediante unha serie de reaccións anabólicas, con consumo de enerxía ( metabolismo).
-
Proceso orixinado pola evolución de cada lingua segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, contiguo ou non, invadíndoo parcial ou totalmente. Entre todas as clases posibles de asimilación pódense destacar as seguintes: progresiva, cando o fonema asimilador precede ao asimilado (fines > fins); regresiva, cando o asimilador segue ao asimilado (bursa > bolsa); recíproca, cando é mutua entre dous fonemas (factu > feito); e, noutra orde, contigua, se se dá entre dous fonemas veciños (pro illu > polo); distante, cando ambos os dous están separados por outros (novacula > navalla); e epentética, cando un determinado tipo de evolución xera a presencia dun fonema non etimolóxico (horologiu > reloxio).
-
Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.
-
Proceso polo cal unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu. Implica sempre a dispersión ecolóxica da minoría e a fusión coas estruturas sociais da colectividade receptora.
-
Proceso, chamado tamén dixestión, polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición.
-
adaptación.
-
-
PERSOEIRO
Erudito e arabista. Sacerdote (1895), foi catedrático de árabe na Universidade de Madrid en 1903. Publicou a tese de doutoramento sobre a dogmática de Algatzell (1901). Publicou numerosas monografías sobre ibn ‘Masarra, ibn Bā Palatino; ǧǧ a, ibn Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:Ṭ ffail, Turmeda, etc, e as súas influencias na escolástica do s XIII, sobre Ramon Llull e Dante (La escatología musulmá en “La Divina Comedia”, 1919). Ingresou na Real Academia Española en 1915 e dende 1934 foi o seu director. Dirixiu a revista Al-Andalus desde 1932 ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor nas universidades de Harvard e Clark, e fundou a revista Economic Geography (Xeografía Económica). É autor de The World at Work (O mundo no traballo) e The Growth of Nations (O crecemento das nacións).
VER O DETALLE DO TERMO