"Laza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 76.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela anónima en castelán titulada orixinalmente Vida del Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, escrita entre 1526 e 1535, e editada ao redor de 1554. Atribuíuselle a diversos autores, como Diego Hurtado de Mendoza, Lope de Rueda ou Sebastián de Horozco, aínda que, segundo os últimos estudios, podería corresponder a Alfonso de Valdés. Considerada o arquetipo da novela picaresca, está dividida en sete capítulos e redactada en primeira persoa cunha linguaxe sinxela. O seu protagonista, un neno de baixa clase social, descúbrelle ao lector, a través da súa relación con diversos amos, un mundo cheo de mesquindade e cobiza, onde domina a aparencia, a corrupción do clero e a fame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da Congregación da Misión ou Paúl.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe na palabra aramea La’zar ‘Deus veu axudar’ que é unha das palabras que se conservan sen traducir ao hebreo (a forma hebrea sería Eleazar) no orixinal do Novo Testamento. A forma aramea chegou a partir do grego Lázaros, pero a través do latín Lazarus. Nos Evanxeos hai dous Lázaros: o pobre da parábola de Xesús Cristo, que se poñía na porta do rico Epulón para matar a fame coas faragullas que caían da mesa, e Lázaro de Betania, irmán de Marta e María, amigo de Xesús Cristo, a quen este resucitou despois de tres días de morto e enterrado. Hai outro san Lázaro (s V) que foi bispo de Milán e un santuario dedicado a san Lázaro en Santiago de Compostela, no Camiño Francés. Na iconografía aparece na escena da súa resurrección, envolto nun sudario saíndo da tumba e, a partir da época medieval, represéntase como bispo ou vestindo túnica curta, que leva como atributos un pequeno cadaleito e un bordón de...
-
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Foi catedrático de Lingua Castelá na Universidad Autónoma de Madrid. Publicou numerosos estudios lingüísticos e literarios, entre os que cómpre destacar Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII (1949), Lope de Vega. Introdución a su vida y a su obra (1966), Lazarillo de Tormes en la picaresca (1972), Estudios de poética (1976), Estudios de lingüística (1980) e Dicionario de términos filológicos (1963). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1972 e director (1991-1998). Foi o coordinador de La cultura del libro (1983 e 1988) e durante a década de 1990 publicou De poética y poéticas (1990) e El dardo en la palabra (1997, Premio don Juan de Borbón). En 2003 publicou El nuevo dardo en la palabra. Foi distinguido como Comandeur dans l´Ordre des Arts et de Lettres de Francia e recibiu, ademais, a Creu de Sant Jordi e o Premio Aragón de las Letras...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Personaxe evanxélico, irmán de Marta e María e amigo de Xesús Cristo. Como di o Evanxeo segundo San Xoán foi resucitado por Xesús Cristo despois de tres días morto e enterrado. A súa festividade celébrase o 17 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado, publicista, marchante e coleccionista de arte. Estableceuse en Madrid, onde comezou a intervir en negocios de compravenda de obras de arte. Fundou as revistas La España Moderna, Revista Internacional e La Nueva Ciencia Jurídica. Trala proclamación da Segunda República foise a París e despois a Nova York. Volveu a Madrid na posguerra e reuniu as súas obras de arte no seu palacete de Parque Florido, coas que se creou o Museo Lázaro Galdiano, inaugurado en 1951 e dependente da Fundación Lázaro Galdiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador de diversos periódicos en La Habana, como Diario de la Marina e Diario Español, en 1923 estableceuse en Madrid. Na capital escribiu diversos artigos para destacadas revistas, como Blanco y Negro. Das súas obras destacan os libros de poemas Confesión (1927), Antología poética (1940) e Canción de Martí (1953), a Biografía de Jacinto Benavente (1930) e os dramas El circo de la verbena (1933) e La casada sin marido (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa moi pobre e mal vestida.
-
Persoa enferma co corpo cuberto de pústulas.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu na catedral de Mondoñedo, desde 1777 ata 1780, en que se trasladou a Oviedo. Xunto a Roel del Río e Almeida Mota, fixo posible o cambio de estética musical na catedral mindoniense. A súa escasa obra (consérvanse trece pezas) posúe as características do clasicismo. Os estudiosos Joam Trillo Pérez e Carlos Villanueva Abelairas compararon o seu estilo co de Melchor López.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Especializouse na metodoloxía das ciencias sociais, na combinación dos métodos cualitativo e estatístico da análise e na definición da estrutura latente da poboación. Escribiu The People’s Choice: How the Voter Makes up his Mind in a Presidential Campaing (1944) e Qualitative Analysis and Critical Essays (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que se asentou en Santa María (Melide).
-
PERSOEIRO
Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Participou nas expedicións de Xoán de Lángara (1772 e 1774) e en 1783 ascendeu a xefe de escuadra. Defendeu Cádiz (1797) contra a escuadra de Horatio Nelson e en 1801 foi separado do servicio, a petición de Napoleón I Bonaparte, por opoñerse aos seus plans navais. En 1808 Xosé I Bonaparte nomeouno ministro de Mariña e en 1809 delegado rexio para organizar Galicia. Na Coruña anunciou o resarcimento dos gastos ocasionados pola guerra e os abusos franceses, pero o seu labor diplomático foi inútil e tivo que fuxir xunto cos franceses cando os exércitos populares se fixeron coa situación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia semellante ao xarope, de cor escura e sabor doce, que queda como residuo da cristalización do azucre de cana ou de remolacha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.
-
PERSOEIRO
Filósofo, poeta e crítico literario armenio. Demócrata revolucionario e profesor de armenio en Moscova, foi preso e deportado. Dos seus traballos de ensaio descatan Reč ob arm’anskoj slovesnosti (Discurso sobre filosofía armenia, 1854) e Sos e Varditer (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Golfista. Iniciou a súa carreira profesional en 1985, aínda que non conseguiu ningún título individual importante ata 1994, en que venceu no Masters de Augusta. Participou na Copa Ryder xunto ao equipo europeo (1987, 1989, 1991, 1993, 1997 e 1999) e gañou o torneo de Dubay (1998) e novamente o Masters (1999). En 2000 venceu no Open Benson and Hedges, en 2001 no torneo de Francia, e en 2002 no de Hong Kong.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado na ladeira N da serra de Urbasa e drenado polo río Araquil (1.649 h [2001]). É un centro industrial do cemento, da madeira, da alimentación e das construcións mecánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
António de Oliveira Salazar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
palloza.