Mazarredo y Salazar, José de
Mazarredo y Salazar, José de
Mariño e político. Participou nas expedicións de Xoán de Lángara (1772 e 1774) e en 1783 ascendeu a xefe de escuadra. Defendeu Cádiz (1797) contra a escuadra de Horatio Nelson e en 1801 foi separado do servicio, a petición de Napoleón I Bonaparte, por opoñerse aos seus plans navais. En 1808 Xosé I Bonaparte nomeouno ministro de Mariña e en 1809 delegado rexio para organizar Galicia. Na Coruña anunciou o resarcimento dos gastos ocasionados pola guerra e os abusos franceses, pero o seu labor diplomático foi inútil e tivo que fuxir xunto cos franceses cando os exércitos populares se fixeron coa situación.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bilbao -
Deceso
Lugar : Madrid