"Lens" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 53.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao condado Portucalense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do territorio concedido ao conde Enrique de Borgoña, casado con Tareixa, filla de Afonso VI, e que gobernou a partir de 1095. A fronteira oriental ía desde o Miño ata o Tejo, e a fronteira oriental situábase ao N do Douro, entre Panóias e Bragança, e o S do Douro, entre Lamego e Côa. O límite sur marcábao o Tejo. O conde recibiuno como unha tenencia hereditaria con dereitos rexios sobre o territorio e exercía o goberno, mentres Afonso VI mantiña a titularidade do dominio. A súa independencia deu lugar ao nacemento do Reino de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratovolcán de actividade intermitente situado en Cascade Range, Washington, EE UU. Despois de 24 anos de inactividade (a última erupción databa de marzo de 1980), en outubro de 2004 iniciou unha nova etapa eruptiva.
-
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de Merseyside, en Inglaterra, Reino Unido, situada ao NL de Liverpool (176.843 h [2001]). É un centro da industria do vidro, pero tamén ten fundicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Setúbal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Setúbal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica do val do Nilo. Desenvolveuse no Epipaleolítico.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (356.000 h [1997]). Trátase dun porto fluvial no curso superior do Dniéper. É un centro industrial metalúrxico e de industria lixeira, que proporciona o 40% da produción industrial da rexión. O seu dominio foi obxecto de fortes loitas entre Lituania-Polonia e Rusia e, finalmente, foi conquistada polos rusos (1654). Destacan a igrexa de San Pedro e San Paulo (1146), a catedral do Tránsito (1677-1679), a muralla construída por Boris Godunov (1596-1602) e a cidadela real (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (49.800 km2; 1.142.900 h [estim 1999]). A súa capital é Smolensk.
-
-
Relativo ou pertencente a Teruel ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Teruel.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Vila Real ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vila Real.
-
-
LAGOS
Lago dos Alpes Suízos, situado no val do Seez, entre os cantóns de Glarus e Sankt Gallen (24 km2). Á súa beira están as localidades de Walenstadt e Weesen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Durante a Guerra Danesa (1625-1629) foi xefe das forzas imperiais. Conseguiu a Paz de Pressburg (Porsony, 1626) e a parte continental de Dinamarca. Ao ser invadida Baviera polos suecos, foi xeneralísimo das tropas imperiais (1632). Ocupou a maior parte de Saxonia, pero foi derrotado en Lützen (1632).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e tradutor. Coñecido como Tadeusz Boy, fundou o círculo literario Zielony Balonik (1905).
VER O DETALLE DO TERMO