Portucalense, condado
Portucalense, condado
Denominación do territorio concedido ao conde Enrique de Borgoña, casado con Tareixa, filla de Afonso VI, e que gobernou a partir de 1095. A fronteira oriental ía desde o Miño ata o Tejo, e a fronteira oriental situábase ao N do Douro, entre Panóias e Bragança, e o S do Douro, entre Lamego e Côa. O límite sur marcábao o Tejo. O conde recibiuno como unha tenencia hereditaria con dereitos rexios sobre o territorio e exercía o goberno, mentres Afonso VI mantiña a titularidade do dominio. A súa independencia deu lugar ao nacemento do Reino de Portugal.