"Main" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 52.

  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña, que está situada á esquerda do Main inferior (116.627 h [2000]). Destacan as manufacturas de coiro, as primeiras do país desde mediados do s XIX, e as industrias metalúrxicas, electrónicas e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e modelista. Discípulo de P. Bontemps, co que colaborou na tumba de Francisco I, realizou segundo o proxecto de F. Primaticio, as esculturas da Rotonde des Valois e o Monument du coeur du roi Henri II (1561). Elaborou entre 1565 e 1570 as estatuas do sepulcro real conservadas na abadía de Saint-Denis e traballou nas capelas secundarias da Rotonde (Saint François dans l’extase). Tamén realizou a estatua orante en bronce do Chancelier René de Birague (1584-1585), o sepulcro de mármore da esposa deste, Valentine Balbiani, e o busto de Jean de Morvilliers. Ademais esculpiu a medalla de todos os Valois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto básico, xeralmente moi tóxico, que resulta da putrefacción ou da descomposición metabólica das proteínas animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Louis Farigoule, desenvolveu a teoría do unanimismo, recollida nos seus libros poéticos L’âme des hommes (1904) e La vie unanime (1908), e cultivou tamén a novela, da que destacan os 27 volumes da serie Hommes de bonne volonté (1932-1947), ademais de teatro, ensaio e xornalismo, xunto con algunhas obras dotadas de elementos autobiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda na provincia de Connacht (2.548 km2; 51.975 h [1996]). A súa capital é Ros Comáin (1.673 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de París, situado na ribeira esquerda do Sena. Fundado por Khildeberto I (543?) baixo a advocación de san Vicente e da santa Cruz tomou ou nome actual ao ser sepultado o bispo san Xermán e foi posto baixo a regra beneditina (s VII). Devastado diversas veces polos normandos (s IX), foi fortificado (1368) e obtivo xurisdición civil ata fins de 1674. Centro intelectual dos maurinos desde 1631, foi suprimido durante a Revolución Francesa (1792) e convertido en pisión. Consérvase a igrexa románica (s X), onde están soterrados Descartes, Mabillón e Montfaucon, e as dependencias abaciais. Deu nome a un dos barrios de París frecuentado por artistas e literatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa de carácter tradicional que se celebra nos primeiros días de novembro, coincidindo coas festividades de Todos os Santos e dos Defuntos. Nesta festa, tamén coñecida como das Caliveras ou dos Calacús, elabóranse caveiras cunha cabaza. Unha vez baleirada a peza, fánselle uns furados para os ollos para o nariz e a boca, coidando que dean unha imaxe tétrica; a ela contribúe a colocación de pauciños nos beizos e dunha candea no seu interior. Na crenza do pobo, servía para protexer a casa e afastar os males, ademais de asustar as xentes que viñan do rosario. En orixe, probablemente proveña do costume celta e doutros pobos bárbaros de cortar as cabezas dos inimigos tras a batalla e penduralas diante das portas e das murallas, ás veces alumeándoas cunha luz. Constituía a festa da clase guerreira, en que se veneraba o aspecto sombrío do deus Lug, e que daba paso ao mundo das tebras e da parte escura do ano. Estendida practicamente por toda Galicia, dáse tamén en diversas zonas de Aragón, Asturias,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Cofundador do Mercure de France, destacan os seus poemarios, de trazos simbolistas, Au jardin de l’Infante (1893), Aux flancs du vase (1898) e Le chariot d’or (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos introdutores do retorno ao clasicismo, especialmente despois da súa viaxe a Italia. A súa obra é dunha gran simplicidade de liñas. Destacan o Hôtel-Dieu (1741-1748), a Loge des Changes (1747-1750) e o Grand-Théâtre (1756), en Lyon, así como a igrexa de Sainte Geneviève (1756-1780), en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formado con G. Pisano, traballou en Pisa (Sepulcro de Arrigo VII, 1315, Duomo e Camposanto), Siena (Sepulcro do cardeal R. Petroni, 1317-1318, Duomo) e Florencia (Tumba do bispo de Orso, 1321, Duomo), momento en que o seu estilo se achegou máis ao gótico clasicista de N. Pisano (Nai de Deus co Neno). Cara a 1325 foi a Nápoles, onde realizou diversas obras xa plenamente góticas, como a Tumba de María de Hungría (1325?, na igrexa de Santa María Donna Regina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador ruso. Coñecido como Erté, estableceuse en París e en 1912 comezou a traballar co modista Paul Poiret. Os seus primeiros debuxos en branco e negro deixan patentes influencias dos vasos gregos e das miniaturas persas e hindús. Traballou para diversas revistas de modas e ilustrou interiorismo. En 1917 colaborou no espectáculo Les mamelles de Tirésias, creado, entre outros por G. Apollinaire e Pablo Picasso. En 1977 comezou a cultivar a litografía e seguiu traballando para o teatro, a ópera, as revistas musicais e o cine.

    VER O DETALLE DO TERMO