Saint-Germain-des-Prés

Saint-Germain-des-Prés

Antigo mosteiro de París, situado na ribeira esquerda do Sena. Fundado por Khildeberto I (543?) baixo a advocación de san Vicente e da santa Cruz tomou ou nome actual ao ser sepultado o bispo san Xermán e foi posto baixo a regra beneditina (s VII). Devastado diversas veces polos normandos (s IX), foi fortificado (1368) e obtivo xurisdición civil ata fins de 1674. Centro intelectual dos maurinos desde 1631, foi suprimido durante a Revolución Francesa (1792) e convertido en pisión. Consérvase a igrexa románica (s X), onde están soterrados Descartes, Mabillón e Montfaucon, e as dependencias abaciais. Deu nome a un dos barrios de París frecuentado por artistas e literatos.