Saint-Imier, Congreso Obreiro Internacional de

Saint-Imier, Congreso Obreiro Internacional de

Reunión de delegados do AIT celebrado en Saint-Imier (cantón de Berna, Suíza) o 9 de setembro de 1872, despois da retirada da minoría bakunista do Congreso Internacional da Haia (2-7 setembro de 1872). Asistiron quince delegados en nome de cinco federacións rexionais (España, Italia, Francia, Jura e EE UU). Aprobouse un pacto de amizade, solidariedade e defensa mutua entre federacións libres, o Pacto de Saint-Imier, que proclamaba a case total autonomía das federacións.