"Mars" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 47.

    1. Bolsa ventral propia dos mamíferos marsupiais, que forma unha cavidade en forma de saco, en que se sitúa a cría despois de nacer. No interior do marsupio están as mamas. Nalgunhas especies de marsupiais esta formación é un vestixio, e as crías fíxanse aos pezóns protexidos pola pilosidade ventral da femia.

    2. Cavidade dos moluscos lamelibranquios que contén os embrións e as larvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Xunto co seu irmán Balthasar Marsy (Cambrai 1628-París 1674), tamén escultor, traballou nas Tuileries e nos xardíns de Versailles, onde fixo Les Chevaux d’Apollon (1667) e Fontaine orneé de Cupidon. Tamén esculpiu o sepulcro de Xoán II Casimiro de Polonia, na igrexa de Saint-Germain-des-Prés de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta canadense. Especialista en cuestións relativas aos medios de comunicación, dedicouse ao estudo da comunicación social, para o que elaborou unha auténtica filosofía que se resume na máxima “o medio é a mensaxe”. Destacan as súas obras The Gutenberg Galaxy (1962), Understanding Media (1964) e The Medium is the Message (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Profesor da University of Chicago, realizou achegas teóricas á antropoloxía económica e á ecoloxía. Evolucionou de posturas marxistas ás teses de C. Geertz. Das súas obras destaca How “Natives” Think (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición anual celebrada en París desde 1890 como alternativa ao Salon oficial. Creouse co nome incial de Societé Nationale de Beaux-Arts. Algúns dos seus membros fundadores foron E. Carrière ou F. A. Rodin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor nas universidades de Harvard, Columbia, Yale, Stanford, Chicago e Massachusetts. Fixo achegas fundamentais na teoría dos retículos, a análise funcional, na topoloxía, na teoría das categorías ou na filosofía da ciencia. O seu libro máis influente foi Linear Transformations in Hilbert Space and their Application to Analysis. Está considerado un dos mellores matemáticos do s XX pola súa extensa e fundamental labor de investigación matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO