marsupio

marsupio

(< lat marsupĭu)

  1. s m [ZOOL]

    Bolsa ventral propia dos mamíferos marsupiais, que forma unha cavidade en forma de saco, en que se sitúa a cría despois de nacer. No interior do marsupio están as mamas. Nalgunhas especies de marsupiais esta formación é un vestixio, e as crías fíxanse aos pezóns protexidos pola pilosidade ventral da femia.

  2. s m [ZOOL]

    Cavidade dos moluscos lamelibranquios que contén os embrións e as larvas.

Palabras veciñas

Marston, John | marsupial | marsupialización | marsupio | Marsy, Gaspard | marta | Marta