"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, epigrafista e numismático. Foi director do Museo de Arqueoloxía de Cartagena e catedrático na Universidade de Zaragoza (1950-1985). Publicou diversos traballos de numismática antiga hispánica e o Manual de numismática (1946). Como epigrafista especializouse no campo ibérico. Realizou numerosos estudios sobre pintura rupestre, destacando El arte rupestre levantino (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e empresario teatral. Na súa mocidade iniciou estudios de Dereito, pero abandonounos para introducirse de cheo na produción literaria. Alternou a obra narrativa e poética coas colaboracións periodísticas. A súa primeira obra publicada foi El teatro fantástico (1892) e a primeira estrea teatral El nido ajeno (1894), que constituíu un éxito importante e sinalou unha das súas constantes: o drama realista. As pezas posteriores terán unha maior profundidade (La noche del sábado, 1903; El dragón de fuego, 1903). Influído polo simbolismo, escribiu Los intereses creados (1909) e La ciudad alegre y confiada (1916); de carácter naturalista son obras como Señora ama (1908) e La malquerida (1913), onde analiza a psicoloxía feminina a través dos personaxes principais. Unha sátira aguda pero no fondo respectuosa da sociedade madrileña aparece en La comida de las fieras (1898), Lo cursi (1901), Rosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa da parroquia de Laxes (Baralla). De estilo románico, da segunda metade do s XII, responde ao tipo de nave única e ábsida semicircular, ambos con cuberta de madeira. O arco triunfal é de medio punto. Emprega cachotería pero para as partes máis importantes utiliza a cantería. Destaca o repertorio iconográfico e decorativo que se reparte por capiteis, bases e portadas, atribuído ao mestre Pelaxio. No tímpano da portada principal destaca o Agnus Dei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir do s XVII polos monxes bieitos. En 1880 posuía 14.000 volumes e en 1980 contaba xa con máis de 31.000. Contén libros procedentes das bibliotecas de Amor Ruibal, do cardeal Quiroga Palacios e unha parte importante traída de Francia por Bouset durante a Revolución Francesa. En canto ao seu número, destacan as seccións relacionadas coas Sagradas Escrituras, a Teoloxía e os canons. A biblioteca está dividida en catro seccións: “Libros frecuentes”, “Salón de lectura”, “Provisional” e “Revistas”, nas que se poden atopar ata 134 títulos diferentes. De entre as obras máis antigas sinálanse Historia Natural, de Plinio, Sume de Ecclesia Domini, de Juan de Torquemada e exemplares de El Eco de la Verdad, xornal publicado por López Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Catedrático de Historia Antiga da Universidad Complutense de Madrid. É autor de numerosos traballos e libros sobre as épocas prerromana e romana da Península Ibérica. Entre os seus libros cómpre salientar os seguintes: Religiones primitivas de Hispania (1961), Tartesos y los orígenes de la colonización fenicia en Occidente (1968), La romanización (1974) e Historia económica de la Hispania romana (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico. É autor do poema lírico Lieder des Mirza-Schaffy (Cancioneiro de Mirza Schaffy, 1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor neerlandés. Establecido en Francia, foi coñecido como Martin Desjardins. Dende o ano 1670 traballou para a corte en Versailles. Entre as súas obras destaca Diana cazadora (1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado na parroquia de Bolaño (Castroverde). Aparece citado tan só nun documento considerado falso pola crítica, enumerado entre as posesións que Afonso III confirma á Igrexa de Lugo no ano 897. Da primitiva igrexa soamente se conserva a ábsida. No s XV converteuse nun hospital de peregrinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello do Bolo. Ten o campanario no centro da fachada enlazando con esta por medio de volutas moi decoradas. De planta cadrada, posúe dous corpos e unha lanterna poligonal como remate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, político, pintor e xornalista. Contribuíu á introdución do Romanticismo en València. Desta etapa quedan algúns dramas, un volume de poesías castelás e os artigos críticos e polémicos do Diario Mercantil. En 1837 iniciou en València a publicación de El Mole, acreditándose como agudo panfletista político e poeta de inspiración popular e satírica. Durante un exilio en Barcelona (1841-1842) escribiu para os xornais La Ley e El Popular, e participou activamente nos disturbios da Jamancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e investigador. A súa obra máis destacada é Luis Vives y la filosofía del Renacimiento (1903), un estudo básico da obra e da vida de Luis Vives. Publicou ademais, entre outros traballos, Erasmo en España (1907), a achega máis importante de material bibliográfico sobre o tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Economía e Dereito pola Universidad de Deusto (ICADE). Exerceu como avogado ata 1979, actividade que compaxinou coa de profesor de Dereito Político na Universidad Complutense de Madrid. En 1976 viaxou a Chile como comisario da ONU para investigar as violacións dos dereitos humanos e foi expulsado polo goberno de Pinochet. En 1970 comezou a súa carreira política no Partido Socialista Popular onde permaneceu ata a súa unión co Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1979. Foi deputado por Albacete e secretario do Congreso dos Deputados (1979-1983). En 1983 foi elixido presidente de Castela-A Mancha, cargo do que foi reelixido nas seguintes catro convocatorias. En 1988 foi nomeado secretario xeral do Partido Socialista de Castela-A Mancha, cargo que desempeña, e presidente dende 1990 ata 1997. Ten publicados os libros: A vueltas con el futuro: reflexiones para la renovación del socialismo (1995), Discursos del presidente José Bono, 1983-1995 (1995), El príncipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Destacado colaborador de Hitler, en 1925 adheriuse ao partido nacionalsocialista. Foi xeneral das SS e xefe do gabinete de Rudolf Hess (1933), a quen sucedeu no mando da Chancelería do partido (1941). Lugartenente de Hitler, desapareceu en estrañas circunstancias trala caída de Berlín no 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Betanzos. Ten nave gótica e ábsida rectangular románica, datada cara ao 1175 e cuberta cunha bóveda de canón semicircular. O arco triunfal é de medio punto, con columnas acaroadas de bases áticas e capiteis vexetais de colariño sogueado. No exterior da ábsida destacan dous canzorros: un representa a un músico tocando unha viola e noutro están dous contorsionistas ou unha escena de cópula. As portas occidental e setentrional da nave son apuntadas, sen columnas, e foron construídas a finais do s XIII ou principios do XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería francés. De orixe probablemente borgoñona, traballou en Santiago de Compostela para o bispo Diego de Muros. É o autor, xunto a Guillén de Colás, no ano 1520, da fachada do Hospital Real dos Reis Católicos. Colaborou con Juan del Castillo na igrexas de Caminha e dos Jerónimos de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político noruegués. En 1928 afiliouse á xuventude laboralista da que foi secretario entre 1934 e 1940. Durante a Segunda Guerra Mundial os alemáns fixérono prisioneiro. Foi vicepresidente (1945-1965) e presidente (1965-1975) do partido laboralista. Ocupou o ministerio de Finanzas en dúas ocasións entre os anos 1951-1955 e 1956-1960, e de Comunicacións no período 1960-1964. En 1971 e 1972 foi primeiro ministro, cargo que repetiu entre 1973 e 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador xudeu de orixe austríaca. En tempos de Hitler fuxiu a Palestina, onde foi un dos dirixentes do movemento yihud. O seu pensamento estrutúrase ao redor da relación eu-ti, na que radica a autenticidade da persoa. As súas obras fundamentais son: Ich und Du (Eu e ti, 1923), Die chassidischen Bücher (Os libros dos hassiditas, 1942) e Begegnung. Autobiographische Fragmente (1960). Tamén colaborou na tradución alemá do Antigo Testamento (1924-1954) e dirixiu as revistas Die Welt, Der Jude e Die Kreatur. Así mesmo, creou un instituto para a educación dos xudeus adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Martin Kuhhorn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Acadou a cátedra de Botánica do Colegio de Cirugía de Santiago en 1799, cando esta institución iniciaba a súa actividade. Tamén impartiu docencia de química, física xeral e mineroloxía, relacionadas coa medicina e incorporando de xeito innovador aos autores máis salientables da época. Asemade, foi cirurxián titular do Hospital de Santiago. Foi o introdutor, no ensino superior galego, da docencia dalgunhas disciplinas científicas, especialmente da historia natural e da química. Estivo na vangarda da difusión da vacina en Galicia, iniciando as vacinacións en agosto de 1801. Profundizou na relación entre o ser humano e a naturaleza, o discurso inaugural do curso de 1804 tivo por por título “la relación íntima y recíproca de la Naturaleza entera y el hombre sano y enfermo” e constituíu unha das súas intervencións máis acabadas en estrutura e actualización.

    VER O DETALLE DO TERMO