Bolaño, San Martiño de
Bolaño, San Martiño de
Mosteiro situado na parroquia de Bolaño (Castroverde). Aparece citado tan só nun documento considerado falso pola crítica, enumerado entre as posesións que Afonso III confirma á Igrexa de Lugo no ano 897. Da primitiva igrexa soamente se conserva a ábsida. No s XV converteuse nun hospital de peregrinos.