Bolante
Bolante
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que pasou a Andalucía, fundando casa en Sevilla. As súas armas levan, en campo de prata, unha flor de lis de azul, acompañada de cinco roeis de goles, dous no xefe e tres en punta; bordo de goles. Outra variante trae, en campo de sinople, unha aguia bicéfala, voante, de sable, coroadas as dúas cabezas con coroa real e con outra coroa igual entre as poutas; bordo de azul, con oito lises, de ouro.