"Mie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 190.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual en castelán aparecida en xaneiro de 1953 na vila de Carballiño. Editado pola imprenta Hodire, encargábase da súa administración e redacción a Secretaría Municipal do Carballiño. Contaba coas seccións “Vida Corporativa”, “Noticiario Municipal”, “Hace 50 años” e “Hace 100 años”. Trátase do primeiro boletín municipal da posguerra na provincia. Tiña unha tiraxe de 600 exemplares e nel incluíase información municipal e estatísticas en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1916 na vila de Santa Marta de Ortigueira e fundada por Federico Maciñeira y Pardo de Lama, alcalde desa vila. Incluía información, estatísticas e datos administrativos, amais de temas agrícolas de interese.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. As súas novelas de tema político tratan da guerra como Miasto nierpokonane (A cidade invita, 1946) e da creación do estado socialista na tetraloxía Miedzy wojnami (Entre guerras, 1948-1951). Tamén ten obras en contra do Stalinismo e a opresión ideolóxica como Matka Królów (A nai dos reis, 1957). En posteriores publicacións analizou os cambios psicolóxicos e morais que se foron producindo en Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario polaco. Tivo un papel conciliador nas loitas entre os clasicistas e os románticos. De entre os seus poemas foi moi célebre o idilio Wislaw (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano político que durante o franquismo asumiu a representación colexiada do Movimiento. Institucionalizado polo Decreto do 31 de xullo de 1939 e, denominado inicialmente Consejo Nacional de FET y de las JONS, o seu nome e as súas funcións definitivas apareceron na Lei de Principios del Movimiento Nacional (1958). Entre as súas funcións estaban as de trazar as liñas fundamentais da estrutura do Estado e do Movimiento, e responder as grandes cuestións nacionais e internacionais que lle formulase o xefe do Estado. O xeneral Franco, como xefe nacional do Movimiento, convocábao e presidíao.
-
PERSOEIRO
Ensaísta francés. Crítico especializado en literatura italiana, traduciu as obras de Pirandello e estudiou os autores e problemas literarios da súa época. Da súa produción destacan, entre outras obras, XXème Siècle (Século XX, 1924) e Inquiétude et Reconstrution (Inquietude e reconstrución, 1931). Morreu no campo de concentración de Buchenwald.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario francés. Participou nas revoltas de 1870 e dirixiu en 1871 a insurrección que proclamou a comuna de Marsella. Trala disolución da mesma, foi condenado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Coñecido como Adolphe Crémieux, foi elixido deputado en 1842 e adscribiuse ao grupo da extrema esquerda. Participou na revolución de 1848 e foi ministro de Xustiza do goberno provisional (1848-1849) e do goberno de Defensa Nacional (1870-1871). Foi un dos líderes do movemento xudeu en Francia, acadou o recoñecemento da cidadanía para os xudeus de Alxeria e contribuíu á fundación da Alianza Universal Israelita, da que foi presidente (1863-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Trabe lonxitudinal situada na parte máis alta do teito ou da armazón dun tellado que permite soster a estrutura da cuberta.
-
Conxunto de tellas situadas no cume dun tellado e separadas por unha pequena abertura, a través da que saía o fume da cociña cando non había cheminea.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica, filla do actor Tony Curtis e da actriz Janet Leight. Comezou no cine aos vinte anos protagonizando películas de pequeno presuposto. Posteriormente, probou fortuna co xénero da comedia, no que obtivo os seus maiores éxitos. Entre os seus traballos destacan os filmes Trading Places (Entre pillos anda o xogo, 1983); A Fish Called Wanda (Un peixe chamado Wanda, 1988); My Girl (A miña rapaza, 1991); Forever Young (Eternamente novo, 1992); My Girl 2 (A miña rapaza 2, 1994) ou True Lies (Mentiras arriscadas, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polos ríos Guadiana e o seu afluente, o Azuer (16.929 h [1996]). É un importante centro agrícola con cultivos de viña, oliveiras, cereais e hortalizas, así como un núcleo industrial, no que destaca a produción téxtil, a construción e os produtos alimenticios. No comercio cómpre salientar as exportacións de viño e alcois. No seu termo encádrase o Parque Nacional de Las Tablas de Daimiel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (589 km2; 913.600 h [estim 1996]). A capital é Damietta (89.498 h [1996]).
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Era fillo dun vidreiro e trasladouse coa súa familia a París en 1814. Estudiou no obradoiro do pintor A. Lenoir e na Académie Suisse. Comezou a traballar como litógrafo en La Silhouette (1830) e La Caricature (1831-1834), onde realizou gravados satíricos contra o Rei Luís Filipe que o levaron ao cárcere. Cando a censura pechou La Caricature, o xornal cambiou o nome polo de Charivari, e nel continuou publicando os seus debuxos. Entre as súas litografías destacan Le ventre législatif (O ventre lexislativo), Le rue Transnonain (A rúa Transnonain), La liberté de la prese (A liberdade da imprenta) e L’enterrament de La Fayette (O enterro de La Fayette). En 1832 realizou unha serie de bustos satíricos en xeso encargados por Philippon, entre os que salienta O señor Guizot. Das súas esculturas, sarcásticas e caricaturescas, destaca Ratapoil (1850), na que simbolizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da mielina das fibras nerviosas.
-
GALICIA
Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Encefalite na que, ademais do encéfalo, se ven afectadas as estruturas da medula espiñal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos esfingolípidos que constitúen un dos principais compoñentes das vaíñas de mielina do tecido nervioso. Fórmanse por esterificación dunha ceramida con fosforilcolina. Por hidrólise liberan unha molécula de ácido fosfórico, esfingosina ou un derivado seu, colina e un ácido graxo.
-
PERSOEIRO
Xeólogo francés. Profesor en París, nos xardíns reais e no museo de Historia Natural, foi un dos primeiros especialistas en vulcanismo. Ten como obras fundamentais a Histoire Naturelle de la Province de Dauphiné (1781) e o Essai de Géologie (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibía na Francia do Antigo Réxime o recadador de impostos.