Díaz de Rábago e Díaz de Mier, Xoaquín Antonio

Díaz de Rábago e Díaz de Mier, Xoaquín Antonio

Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia (1885), El crédito agrícola (1883), La institución del salvamento de naúfragos (1885) e La jornada internacional de ocho horas (1890). Foi un dos artífices do traslado dos restos de Rosalía de Castro ao Panteón de Galegos Ilustres.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Muros

  • Deceso

    Lugar : A Pobra do Caramiñal