"Most" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

    1. Feixe de cereal.

    2. Carga que leva ou pode levar un carro dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio no que viven os monxes ou as monxas. Inicialmente empregouse para designar a cela dun monxe, despois pasou a indicar as agrupacións de celas, chamadas lauras, e finalmente, designou un cenobio, ou lugar onde habita unha comunidade de monxes ou de curas regulares. A arquitectura monástica medieval occidental, que se desenvolveu desde o s VI como expresión das esixencias domésticas establecidas pola orde de San Bieito, adoitan contar cunha serie de espazos comúns: igrexa, dormitorio, refectorio e sala capitular, entre outros, organizados ao redor dun patio ou claustro. Ademais, dentro do recinto pechado atópanse as dependencias de traballo e a biblioteca. No Oriente cristián, os edificios monásticos presentan a particularidade da construción da igrexa principal, ou katholikón, no centro do patio e do conxunto de celas e dependencias. En Galicia o emprego preferente do termo mosteiro para se referir a calquera edificación monfástica significativa tivo a súa orixe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa á capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Carballiño, baixo a advocación de san Pedro, hoxe parroquia de Lobás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Dozón, baixo a advocación de san Pedro, hoxe dividida entre as parroquias de Bidueiros e Dozón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudos de medicina e odontoloxía en Santiago e Madrid. Despois de doutorarse e ampliar estudos en París (1923), volveu a Galicia onde exerceu a odontoloxía. Participou na sinatura do Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo (1918) e fundou en Madrid na década de 1920, con Fermín Penzol, a organización Mocedade Céltiga. Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Bos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que el consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte, xunto con Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte e Antonio Iglesias Vilarelle, do comité executivo que organizou a primeira Diada ou Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930. É o autor do Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Nogueira, capital do concello de Meis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. De estilo barroco, seguramente foi construída a finais do s XVII. Ten nave rectangular. No seu interior destaca o retablo barroco, cunha inscrición que o data en 1701. No presbiterio atópase unha lápida sepulcral, na que se mostra o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Pedro de Ramirás. Datado no s XI como mosteiro familiar, a primeira referencia documental é de 1017, cando recibiu a primeira doazón. En 1137 converteuse en mosteiro de monxas bieitas, despois substituídas por clarisas, e en 1499 anexionouse a San Paio de Antealtares. A igrexa, construída entre os ss XII e XIII, de transición do románico ao gótico, ten planta basilical de tres naves da mesma altura con cuberta de madeira e separadas por piares con arcos apuntados. A cabeceira fórmana tres ábsidas semicirculares, con bóveda de canón. Na fachada do templo destacan tres portadas decoradas con arquivoltas e a principal, franqueada por dous contrafortes, ten arcos superpostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave rectangular. No interior destaca o retablo barroco da ábsida e os neoclásicos dos laterais, labrados estes por López de Cerceda cara a 1870. A portada principal presenta dobre arquivolta e tímpano liso, rodeado por mochetas con figuras de monstros. Sufriu reformas no s XVIII, nas que se engadiu a sancristía e a espadana que acolle o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO