"NEP" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus romano do mar que se identificou co deus grego Posidón. Representábase como un home nu con barba que sostiña un tridente, e que ía enriba dunha carruaxe tirada por cabalos mariños e acompañado por tritóns, ou ben montado nun golfiño ou sentado enriba dunha áncora.
-
PERSOEIRO
Militar, marqués de Valde-Espina. Alcanzou o grao de capitán xeneral e durante a Terceira Guerra Carlista dirixiu o sitio a Bilbao (1874), pero foi derrotado en Lacarre (1875) e exiliouse durante cinco anos en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
penechaira.
-
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Coñecido como Juan Rulfo, integrouse no grupo de escritores que crearon un universo propio, Comala, para convertelo en escenario onde se desenvolven as súas historias. Na súa obra reflicte as dificultades da súa infancia, especialmente as loitas relixiosas da ‘guerra de los cristeros’ e o falecemento dos seus pais, pero tamén se manifesta o seu carácter sensible e romántico. Apaixonado da literatura clásica, está considerado como un dos representantes do realismo máxico. Os seus personaxes, que se moven en escenarios rurais de México, representan e reflicten o tipismo do lugar, cos seus grandes problemas, o atraso, a miseria, o caciquismo, onde a presenza da morte, a violencia, a degradación e a sexualidade son unha constante. Todas estas preocupacións reflectiunas tamén no seu arquivo fotográfico, composto por máis de 6.000 negativos. Da súa obra destacan a colección de pequenos relatos El llano en llamas (1953), centrada na vida dos labregos...
VER O DETALLE DO TERMO