"Nicolás" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 83.
-
PERSOEIRO
Farmacéutico francés. Clasificou e describiu as drogas coñecidas no seu tempo. É autor do Cours de chimie (1675) e de Pharmacopée universelle (1697).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a pintura de xénero, segundo as directrices de D. Diderot, o retrato e a pintura de historia. Das súas obras destacan Le Martyre de saint Sébastien, Le Lever de Fanchon e Cour de Ferme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Coñecido como Victor Louis, traballou en Polonia para Estanislao Poniatowski (1765) e fixo o hotel da Intendace en Franche-Comté (1771-1780). Traballou para o duque de Orlèans e fixo os xardíns porticados do teatro do Palais-Royal (1781-1786) e o teatro da Comédie Française (1787-1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta francés. Membro da orde franciscana, foi profesor de esexese en París e provincial de Borgoña. Publicouse postumamente Postillae perpetuae (1471-1475), onde empregou o texto hebreo e os comentarios xudeus e latinos para comentar as institucións hebraicas do Antigo Testamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi alcalde de Betanzos, e copiou do arquivo do mosteiro bieito de Meira (Lugo) un Cronicón ou Historia de Galicia, do que fixo un cotexo en 1704.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolás Tierry.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Membro do Oratori (1660), tentou conciliar e sintetizar o cartesianismo e o agostinismo, e tamén relacionar a fe e a razón. Chegou por este método, a identificar a verdadeira filosofía coa relixión. Sostivo tamén a teoría da visión das cousas en Deus, e defendeu a doutrina das causas ocasionais (ocasionalismo). Entre as súas obras destacan De la recherche de la vérité (1674-1678), Traité de la nature et de la grâce (1680), Méditations chrétiennes (1683) e Entretiens sur la métaphysique et la religion (1688).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. En 1863 investigou fotograficamente a rexión ultravioleta do espectro solar. En 1874 demostrou, en colaboración de Veltman, a inexistencia do vento do espazo celestial, confirmada máis tarde por Michelson e Morley. Estudiou o magnetismo e a electricidade atmosférica e ideou un tipo de electrómetro de cuadrantes (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista. Chanceler de Francia (1768), aboliu o parlamento de París (1771) e intentou establecer un goberno que eliminase calquera oposición á monarquía. Trala morte de Luís XV de Francia (1774) foi destituído.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, filósofo e crítico da arte. Exiliado en Bélxica e Reino Unido, foi admirador da relixión, do parnasianismo e da filosofía da antiga Grecia, e cultivou poesía pesimista. Da súa produción destacan Prométhée délivré (1843), Poèmes (1855), La morale avant les philosophes (1860) e Fleur de toutes saisons (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e naturalista. É autor de Historia Medicinal de las cosas que se traen de nuestras Indias Occidentales (1565-1574), que contén as primeiras descricións dun número considerable de plantas americanas, ademais das indicacións sobre as súas aplicacións médicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolás Fernández de Moratín.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Neda. De estilo gótico (s XIV), consta dunha soa nave, ábsida rectangular e tres capelas dos ss XV-XVI. Destaca a fachada, con características barrocas, por motivo das remodelacións dos ss XVIII e XIX, e o sepulcro de Diego Esquío, señor da comarca, no presbiterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal grego Nikoláos ‘vencedor entre o pobo’, do verbo nikáo ‘vencer’ e laós ‘pobo’. Pasou ao latín como Nicolaus. Presenta as variantes Nicolau, Nicolás e Colás e os hipocorísticos Nico e Colao. San Nicolao é titular de 9 parroquias. A súa festividade celébrase o 6 de decembro (o de Mira e Bari) e o 10 de setembro (o de Tolentino).
-
MONTES
Monte situado ao NL da parroquia da Veiga de Logares (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 918 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Nicolao/Nicolasa.
-
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo francés. Foi precursor da teoría da causalidade de Hume e, contrario ao aristotelismo, admitiu só como verdadeiras as proposicións que resultan da experiencia inmediata e aquelas que puidesen remontarse ao principio de contradición. Foi condenado pola Igrexa por algunhas das súas doutrinas e tivo que retractarse. Escribiu Exigit ordo executionis (Tratactus universalis magistri Nicholai de Ultricuria ad videndum an sermones Peripateticorum fuerint demonstrati) (1340).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, filósofo e científico francés. Criticou a física de Aristóteles e foi un precursor na defensa das ideas sobre a relatividade do movemento e a caída dos corpos, en conexión coas hipóteses da rotación diúrna da Terra e do heliocentrismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista. Activo entre 1434 e 1468, traballou o estilo gótico internacional en León, onde abriu un taller. Para a catedral fixo o retablo maior e pinturas murais. Atribuíuselle un retablo de santo Estevo, en La Bañeza, e o políptico do convento Santa Clara de Tordesillas. Realizou tamén a miniatura dunha Natividade para a colexiata de San Isidoro de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. A súa versatilidade como investigador levouno a centrarse nunha pluralidade de autores literarios que combina con outros estudos de carácter lingüístico, como o Dicionario de verbos galegos (1993). No apartado literario, ademais das traducións de libros de Jack London, destacan a Guía de lectura de O soño sulagado (1992), Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994), Papeis de literatura: dez anos de revisión crítica (2001) e as edicións de O sol na crista do galo (2003) e Derradeira escolma ferida (2003), de M. Lueiro Rey.
VER O DETALLE DO TERMO