Nicolas de Autrecourt

Nicolas de Autrecourt

Teólogo e filósofo francés. Foi precursor da teoría da causalidade de Hume e, contrario ao aristotelismo, admitiu só como verdadeiras as proposicións que resultan da experiencia inmediata e aquelas que puidesen remontarse ao principio de contradición. Foi condenado pola Igrexa por algunhas das súas doutrinas e tivo que retractarse. Escribiu Exigit ordo executionis (Tratactus universalis magistri Nicholai de Ultricuria ad videndum an sermones Peripateticorum fuerint demonstrati) (1340).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Autrecourt

  • Deceso

    Lugar : París