"Nut" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa exipcia do ceo. Segundo unha lenda, Nut, o ceo, foi separada do seu marido Geb, a terra, polo seu pai, Šu, o baleiro e o aire. Representouse como unha muller núa curvada en forma de volta celeste sobre a terra.
-
-
Pequeno movemento de oscilación do eixe da Terra que se sobrepón ao movemento de precesión. Por causa do movemento de precesión, cada un dos polos do eixe da Terra (coordenadas astronómicas) describe, sobre a esfera celeste, unha liña circular arredor do polo da elíptica. Se só existise a nutación, cada polo do eixe da Terra describiría unha elipse, cuxo semieixe maior sería de 9,21’’ e o semieixe menor de 6,86’’.
-
Cambio espontáneo e rítmico da posición dun órgano vexetal, causado polo crecemento desigual alternante dos seus dous lados.
-
Movemento harmónico, nun corpo en rotación, en xeral de forma elíptica, que describe o eixe de xiro arredor da súa traxectoria mediana de precesión.
-
Acurtamento do promontorio na sínfise púbica por rotación do sacro arredor dun eixe que pasa polo segundo tubérculo conxugado.
-
Oscilación da cabeza, propia do tremor senil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta nutación.
-
-
Que nutre.
-
Que proporciona alimento.
-
Abertura que hai entre os ósos para o paso dos vasos sanguíneos.
-
-
-
Introdución e utilización nun organismo dos materiais enerxéticos e plásticos que lle son necesarios para vivir. Nos individuos unicelulares, as substancias penetran pola membrana limitadora e prodúcese a miúdo unha dixestión externa mediante fermentos que, liberados ao exterior, destrúen as moléculas grandes ou disolven as substancias sólidas. Os organismos autótrofos poden asimilar o dióxido de carbono e os sales minerais nitroxenados, e os heterótrofos teñen necesidade absoluta de substancias orgánicas e poden vivir enriba de materia orgánica non viva (saprofitismo) ou viva (parasitismo, simbiose e depredación). Nos autótrofos, a célula obtén a enerxía de reaccións fotoquímicas ou oxidativas (fotosíntese e quimiosíntese), e nos heterótrofos, dos procesos respiratorios. Os vexetais obteñen do medio todos os elementos necesarios, e nun só movemento as células ionízanse ou deben ser absorbidas polas leis de difusión. Os animais pluricelulares desenvolveron o aparato dixestivo, que descompón...
-
Ciencia, relacionada coa bromatoloxía, que estuda a relación entre os alimentos e a saúde, é dicir, as necesidades do organismo e o metabolismo das substancias alimentarias tanto nos individuos sans como nos enfermos.
-
cadea trófica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nutrición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en nutrición.
-
-
de nutrir ou nutrirse.
-
Que está ben fornecido de alimentos.
-
Que é moi numeroso ou abundante.
-
-
-
Que nutre.
-
Substancia útil para o metabolismo orgánico, que se atopa nos alimentos e se incorpora ao organismo por medio da dixestión.
-
-
-
Acción e efecto de nutrir ou nutrirse.
-
nutriente.
-
-
-
Dar a un ser vivo as substancias que lle son precisas para vivir.
-
Servir algo para que outra cousa non se extinga.
-
Dar forza ou enerxía.
-
Tomar as substancias precisas para vivir.
-
-
-
Relativo ou pertencente á nutrición.
-
Que nutre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que aleita unha criatura que non é filla súa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas.
-
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Trasladouse a Inglaterra e fundou o Journal of Hygiene, ideou unhas probas na análise clínica do sangue e illou o Bacillus aerogenes capsulatus da gangrena gasosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista inglés. Profesor na Harvard University, foi coñecido polos seus descubrimentos de plantas e polas súas descricións das aves típicas de EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo belga. Interesouse por case todos os campos da psicoloxía, se ben foi un especialista en aprendizaxe, motivación e personalidade. Escribiu, entre outras obras, Tâche, réussite, échec. Théorie de la conduite humaine (1953), Psychanalyse et conception spiritualiste de l’homme (1955) e Struture de la personnalité (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cargo amovible á vontade do que o conferiu.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa estadounidense. Coñecida como Dorothea Lange, formouse con Arnold Genthe (1914) e Clarence White (1917-1918). Entre 1919 e 1940 traballou como fotógrafa independente e estableceu o seu propio estudo en Berkeley. A partir de 1932 retratou as persoas no seu propio contexto social, rexeitando calquera manipulación, o que a levou a traballar para a Farm Security Administration (FSA) fotografando as vítimas da Gran Depresión en EE UU (1935-1942). Fundadora da revista Aperture (1952), colaborou con Life e viaxou polos continentes americano e asiático. Publicou The American Country Women (1967) e Dorothea Lange (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘falta leve’.