nutrición

nutrición

(

  1. s f [BIOL/FISIOL]

    Introdución e utilización nun organismo dos materiais enerxéticos e plásticos que lle son necesarios para vivir. Nos individuos unicelulares, as substancias penetran pola membrana limitadora e prodúcese a miúdo unha dixestión externa mediante fermentos que, liberados ao exterior, destrúen as moléculas grandes ou disolven as substancias sólidas. Os organismos autótrofos poden asimilar o dióxido de carbono e os sales minerais nitroxenados, e os heterótrofos teñen necesidade absoluta de substancias orgánicas e poden vivir enriba de materia orgánica non viva (saprofitismo) ou viva (parasitismo, simbiose e depredación). Nos autótrofos, a célula obtén a enerxía de reaccións fotoquímicas ou oxidativas (fotosíntese e quimiosíntese), e nos heterótrofos, dos procesos respiratorios. Os vexetais obteñen do medio todos os elementos necesarios, e nun só movemento as células ionízanse ou deben ser absorbidas polas leis de difusión. Os animais pluricelulares desenvolveron o aparato dixestivo, que descompón os alimentos en pequenas moléculas e por un proceso complexo as substancias nutritivas chegan ás células. Polas funcións de nutrición os seres vivos diferéncianse e crecen, e pola degradación dos nutrientes extraen a enerxía necesaria para a súa actividade vital.

  2. s f [ALIM]

    Ciencia, relacionada coa bromatoloxía, que estuda a relación entre os alimentos e a saúde, é dicir, as necesidades do organismo e o metabolismo das substancias alimentarias tanto nos individuos sans como nos enfermos.

  3. cadea de nutrición [ECOL]

    cadea trófica.

Palabras veciñas

nutación | nutante | nutricio -cia | nutrición | nutricional | nutricionista | nutrido -da