"OCU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
-
Morte causada por unha descarga eléctrica. Se a corrente é de baixa voltaxe, a morte prodúcese por unha desfribilación ventricular e, se é de voltaxe elevada, por carbonización ou saturación respiratoria.
-
Forma de execución da pena de morte que consiste na aplicación dunha descarga eléctrica de voltaxe media ao condenado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento especial de cultivo que utiliza a enerxía eléctrica para activar a xerminación e o crecemento dos vexetais, e que só se aplica en procesos de laboratorio e experimentación.
-
-
Causar a morte dunha persoa ou animal.
-
Morrer por mor dunha descarga eléctrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maneira, oral ou escrita, de empregar as palabras para se expresar.
-
-
-
Facultade de falar ou expresarse de maneira eficaz e fluída para deleitar, conmover ou persuadir.
-
Arte de conmover ou persuadir por medio da palabra.
-
-
Capacidade ou poder expresivo de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou amosa elocuencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira das cinco partes en que se organizaba o discurso oratorio segundo a retórica clásica. Sitúase a continuación da inventio -recollida dos materiais precisos para defender unha causa- e da dispositio -organización do material-, e consiste na súa elaboración verbal. Transmite a mensaxe a través de dúas operacións: a electio ou selección de palabras, e o ornatus ou embelecemento mediante tropos e figuras retóricas. A continuación, contempla a compositio, combinación e ordenación fonética e sintáctica de palabras e enunciados que mellor convén ao discurso. O seu obxectivo é provocar o interese do público por medio dunha expresión diferente e atraente. Considérase a parte máis importante da retórica e caracterízase pola corrección (puritas), claridade (perspicuitas), elegancia (concinnitas), agudeza verbal e exquisitez da lingua (sententiarum ornatus e verborum exornatio). A retórica clásica recoñece tres modalidades básicas de estilo elocutivo: o genus humile, o genus medium e o genus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á elocución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de documentalistas británicos que estiveron activos desde 1927 ata o final da Segunda Guerra Mundial. Naceu baixo o impulso de John Grierson, Drifters (Os impulsores, 1929), para quen o documental era unha interpretación orixinal da vida ordinaria e tiña un obxectivo educador. A escola seguía a técnica cinematográfica de Eisenstein. Seguiron as directrices de Grierson: Paul Rotha, Robert Flaherty e Alberto Cavalcanti, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo do esperma recollido asepticamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nube baixa formada por un conxunto de masas acanaladas paralelas que cobre unha grande extensión de ceo. Xeralmente non produce precipitacións e a súa formación débese á transformación doutro tipo de nubes.
-
-
Formación de agregados compactos nunha disolución coloidal por fenómenos de natureza eléctrica (atracción de partículas de signo contrario), evaporación ou arrefriamento.
-
-
Tratamento ao que se someten os sólidos disgregados dispersos no seo dun fluído para formar agregados de partículas que fan posible a separación do sólido por sedimentación ou por filtración. Só se emprega cando as partículas sólidas son moi pequenas.
-
axente de floculación
Substancia tensoactiva ou electrólito que se emprega para producir a floculación.
-
-
-
Aparición dun enturbamento nunha solución coloidal dosificada, á que se lle engade unha cantidade determinada dun soro cun exceso de gammaglobulinas. Emprégase para diagnosticar certos estados patolóxicos do fígado que ocasionan un aumento nas gammaglobulinas.
-
Tipo de reacción inmunolóxica de precipitación que producen algúns antisoros, fundamentalmente os que se preparan con toxinas diftéricas e estreptocócicas.
-
-
-
-
Que provoca a floculación.
-
Substancia que provoca a agregación das partículas dun sólido dispersas nun líquido.
-
-
-
Formar por medio dun axente de floculación agregados de partículas sólidas no seo dun fluído.
-
Producir un tensoactivo, electrólito ou outro tipo de axentes, unha floculación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregado que se forma no seo dun fluído por floculación das partículas sólidas suspendidas nel.
-
-
Braseiro que os romanos colocaban xunto ao altar, ou no mesmo, para acender o lume que empregaban nos sacrificios.
-
Braseiro que servía para quentar a estancia do tepidarium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cúmulo esgazado de contornos variables e aspecto esbrancuxado e opaco. Pode chegar a acadar unha gran potencia vertical e ás veces presenta cimas arredondadas ou en forma de cúpulas. Os fractocúmulos de mal tempo aparecen por debaixo dos altoestratos, nimbostratos, cumulonimbos ou cúmulos moi desenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo moi elevado ou solemne, que mesmo pode chegar a ser afectado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa e á maneira de falar ou escribir que amosa grandilocuencia.