"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Militar chinés. Fillo do xeneral Ban Chao, sucedeuno no goberno das tropas da Asia central nun momento de febleza do Imperio Han, o que lle obrigou a retirarse dos dominios conquistados polo seu pai. Aínda así, as súas tropas chegaron aos oasis anteriores ás montañas da fronteira da India.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1891 en Alongos (Toén) por Samuel González, quen foi o seu primeiro director. Nun principio só eran 6 músicos pero axiña elevou o número de compoñentes e chegou a ser unha banda de renome en Galicia e fóra dela, sendo recoñecida por autores da nosa literatura como Eduardo Blanco Amor na súa obra Xente ao lonxe. Ó longo da súa traxectoria tivo como directores, entre outros, a Antonio Tojo, Beristain, Rego, Salgado, Félix Molina, Francisco Rodríguez, Edmundo Figueiras, Cándido Alvarado, Arsenio Iglesias, Alejandro del Río e o actual director José Vázquez Rebollo. Nesta formación, viveiro en moitas ocasións da Banda de Ourense, destacaron figuras como Manuel Conde, Manuel Conde Ogando ou Benito Rebollo Veliñas. Participou en numerosas festas e coa súa música percorreu toda Galicia, Portugal e algunhas provincias de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas da familia níxer-congolesa, o subgrupo propio máis estendido é o bantú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia política reunida en Berlín do 13 de xuño ao 13 de xullo de 1878, presidida por Bismarck e convocada, baixo a presión de Inglaterra e Austria-Hungría, para revisar a paz de San Estéfano, pola que Rusia eliminaba a Turquía dos Balcáns. Rusia aceptou a división da Gran Bulgaria en dous sectores: a rexión norte como principado autónomo e a rexión sur como provincia otomana (Rumelia Oriental), dirixida por un gobernador cristián; recoñeceu tamén a independencia de Romanía, Serbia e Montenegro. Inglaterra recuperou Chipre, Austria-Hungría acadou a administración de Bosnia-Herzegovina e Rusia conservou Kars, Ardahan e Batumi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandro Biyidi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carne tallada no sentido das fibras musculares en tiras alongadas, salgada, con abundantes especias e secada ao aire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da orde dos carnívoros, de ata 2 m de lonxitude total, de corpo robusto, con pelos moi longos na punta das orellas. A cor do pelo está tinguida de verde escuro debido á presenza de algas. É común nos bosques altos do SL asiático.
-
CONDADOS
Condado de Liberia (8.099 km2; 268.100 h [estim 1986]). A súa capital é Gbarnga (10.860 h [estim 1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antílope de cornos lisos e curvados cara a arriba e atrás. Ten o pelame de cor rubia con riscos brancos nos flancos. Vive en bosques de África occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas africanas da familia nilo-sahariana e do grupo sudánico-central. Nesta familia inclúense o bongo e o morocodo, faladas ambas as dúas en Sudán por unhas 2.500 e unhas 5.000 persoas, respectivamente. A terceira e última lingua que se inclúe dentro deste grupo é o sara que se fala no Chad (750.000 falantes) e na República Centroafricana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de percusión, moi popular en Cuba, de orixe posiblemente afrocubana, formado por dous pequenos tambores fixados un ao outro; normalmente se coloca entre os xeonllos e se toca golpeando cos dedos ou coas palmas das mans.
-
PERSOEIRO
Político gabonés. Ocupou diversos cargos oficiais durante o mandato de L. Mbae e sucedeuno na Presidencia do estado en 1967. En 1968 fundou o Parti Démocratique Gabonais, do que se autonomeou presidente, e implantou un réxime autoritario e moi vencellado con Occidente, especialmente con Francia. En 1990 aceptou introducir unha constitución multipartidista, e nas eleccións lexislativas dese ano o seu partido mantivo a maioría.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (5.570 km2; 224.958 h [1988]). A súa capital é Bongouanou (15.459 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de pintores e gravadores parisienses dos ss XVII e XVIII. Louis Boulongne o Vello (París 1609 - 1674), estudiou en Roma e foi un dos fundadores da Académie. O seu fillo, Bon Boulongne o Maior (París 1649 - 1717), decorou as capelas de san Xerome e santo Ambrosio, na igrexa dos Inválidos de París. Louis de Boulongne o Novo (París 1654 - 1733), foi director da Académie e primeiro pintor do rei. Traballou no palacio de Versailles. As súas irmás, Geneviéve Boulongne (1645-1708?) e Madelaine Boulongne (1646-1709?), tamén cultivaron a pintura e foron membros da Académie.
-
REXIÓNS
Rexión de Ghana (39.557 km2; 1.432.971 h [est 1991]). A capital é Sunyani (98.500 h [1984]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e paleontólogo, fillo de Alexandre Brongniart. Co seu Prodrome d’une histoire des végétaux fossiles (Pródromo dunha historia dos vexetais fósiles, 1828) puxo as bases para a paleobotánica. Foi profesor de botánica e fisioloxía vexetal no Museum de París (1834), membro da Academie de Sciences de París (1834) e fundador e primeiro presidente da Sociedade Botánica de Francia (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista e xeólogo. Foi director da Manufacture de Sèvres (Manufactura de Sèvres, 1800) e profesor de mineraloxía na Sorbonne (1808). É autor dun Traité élémentaire de minéralogie (Tratado elemental de mineraloxía, 1807) e, con Cuvier, dunha Description géologique des environs de Paris (Descrición xeolóxica dos arredores de París, 1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico. Foi discípulo e colaborador de Ange-Jacques Gabriel. Construíu o convento da Chaussée de Antin (actual Lycée Condorcet) en 1783, e o novo cemiterio de Père-Lachaise de París (1804). Deseñou os planos da bolsa de París, iniciada en 1807.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia bantú que falan unhas 30.000 persoas.
-
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro inglés. Estudiou os fenómenos termodinámicos relacionados cos enxeños de vapor de auga. Introduciu o termómetro de resistencia de platino, máis exacto ca os anteriores, e propuxo unha ecuación de estado coñecida como ecuación de Callendar.
VER O DETALLE DO TERMO