"Oise" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 54.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Picardie, Francia (5.861 km2; 766.441 h [1999]). A súa capital é Beauvais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico teatral. Dirixiu o Centro de Documentación Teatral (1983-1992 e 1996-1997) e fundou diversas revistas dedicadas ás artes do espectáculo, como El Público e Pipirijaina. Das súas obras destacan Los grupos de teatro independiente (1973) e Los teatros de Madrid, 1982-1994 (1995). Recibiu o Premio Simón Bolívar de Teatro en Venezuela (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade CGS de viscosidade dinámica. O seu símbolo é P e equivale á viscosidade dinámica dun fluído en que hai unha forza tanxencial de 1 dyn/cm2 entre dúas capas paralelas do fluído que teñen unha velocidade relativa que cambia en 1 cm/s por cada cm de separación. A unidade SI de viscosidade dinámica é o decapoise, igual a 10 P.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Investigou os procesos físicos da circulación sanguínea. En 1840 formulou a lei que relaciona a velocidade media dun líquido no interior dun tubo capilar coa área de sección do tubo, a presión e a viscosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei segundo a que o caudal volúmico Q dun líquido que atravesa un tubo de sección circular é directamente proporcional á diferenza de presións, Äp, entre os extremos do tubo e á potencia cuarta do raio r deste, e inversamente proporcional á lonxitude do tubo l e ao coeficiente de viscosidade ç.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Emigrou cos seus pais a Bos Aires, onde participou na fundación da Sociedade Nazionalista Pondal (1925) e colaborou coa Intersocietaria Gallega e a Irmandade Galega de Bos Aires. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Galegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Colaborou como xornalista en Fouce, A Nosa Terra, Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Publicou Chuvia e outras narracións (1972) e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora francesa. Coñecida como Françoise Sagan, deuse a coñecer sobre todo pola novela Bonjour tristesse (1954). Do resto da súa destacan algunhas pezas teatrais e as novelas De guerre lasse (1985), Un sang d´aquarelle (1987), La soga (1989), Les fauxfuyants (1991), Répliques (1992), Evasion (1993) e Un Chagrin de Passage (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francesa, marquesa de Montespan. Foi favorita do Rei Luís XIV (1667-1679), con quen tivo oito fillos que foron lexitimados polo monarca. En 1691 deixou Versailles e retirouse a un convento que ela mesma fundara en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Quoirez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político congolés. Procedente da burguesía colonial da tribo lunda, se converteu nun home de confianza da compañía anglo-belga Unión Mineira do Alto Katanga. O 10 de xullo de 1960 encabezou unha insurrección independentista en Katanga, co apoio da UMAK e sufocada en 1963, e exiliouse en Europa. Triunfador nas eleccións de 1963, foi nomeado primeiro ministro polo presidente Joseph Kasabuvu e levou unha política centralista e pro-occidental, ata que en 1965 foi destituído e se exiliou en Madrid. Pouco despois foi secuestrado misteriosamente mentres voaba entre Eivissa e Palma de Mallorca, e foi encarcerado nalgún lugar de Alxeria, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia (1.246 km2; 1.105.464 h [1999]). A súa capital é Cergy-Pontoise (82.275 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante de arte. Abriu a súa galería parisiense en 1893. Organizou unha importante exposición de Cézanne (1895), comprou obras de Van Gogh (1900) e fixo un contrato con Gauguin (1900). Organizou a primeira exposición en París de Picasso (1901) e a primeira absoluta de Matisse (1904). Promoveu a Bonnard, Redon, Derain e Vlaminck. Orientou as carreiras de Roualt cara á cerámica, Renoir cara á escultura e moitos artistas cara ao gravado e á ilustración de libros de bibliófilo, que el mesmo editou. Editou tamén bronces de Rodin, Maillol, Renoir e Picasso. En 1937 publicou Souvenirs dun marchand de tableaux.

    VER O DETALLE DO TERMO