Presa Esmerode, Moisés da

Presa Esmerode, Moisés da

Galeguista. Emigrou cos seus pais a Bos Aires, onde participou na fundación da Sociedade Nazionalista Pondal (1925) e colaborou coa Intersocietaria Gallega e a Irmandade Galega de Bos Aires. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Galegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Colaborou como xornalista en Fouce, A Nosa Terra, Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Publicou Chuvia e outras narracións (1972) e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires