"Oran" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • Persoa que está próxima a acadar o grao de doutor ou que estudia para iso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que edulcora.

    2. Substancia que serve para dar ou aumentar o sabor doce do produto alimentario ao que se lle engade. Segundo a súa orixe poden ser: naturais (a sacarosa, a frutosa, a glicosa, o sorbitol, o manitol e o xilitol); ou artificiais (a sacarina, o aspartamo e o ciclamato). Os edulcorantes naturais teñen poder enerxético, aproximadamente de 4 kcal/g, mentres que os edulcorantes artificiais, obtidos por síntese química, caracterízanse por ter un poder adozante superior aos naturais e carecer de poder enerxético, polo que se empregan en dietas en que non se aconsella o consumo de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano onde se producen e permanecen almacenadas as esporas. Está presente en algas, fungos e pteridófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedúnculo dun esporanxio ou dun grupo de esporanxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbióloga. Graduada en ciencias biolóxicas (1977) e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), doutorouse en Bioloxía nesta mesma universidade (1980). Ampliou os seus estudios en EE UU, nas universidades de Maryland e Oregon. Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 1991, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, concretamente na patoloxía bacteriana e vírica, na patoloxía fenotípica, antixénica e molecular de microorganismos patóxenos dos peixes, no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos nos peixes, na epizootioloxía e na quimioterapia e vacinación. Ten patentadas tres vacinas empregadas en acuicultura: GAVA-3, para o control da vibriose en rodaballo e salmónidos; DI, para o control da pasteurelose en dourada e robaliza; e ET-2, para o control da estreptococcia en rodaballo. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Membro do comité de revisores de diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos fentos que teñen os esporanxios coa parede constituída por máis dun estrato de células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada unha das substancias medicamentosas que provocan un aumento da expectoración por licuefación da secreción bronquial (secretolíticos) ou por estimulación dos fenómenos de transporte da mucosa bronquial (secretomotóricos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de extemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é impropio do momento ou tempo en que sucede.

    2. Que é inoportuno ou impropio da ocasión en que se produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Mosela, en Lorena, Francia (11.304 h [1990]). É un núcleo de industrias de cemento, destilerías, química e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provén de fóra ou é alleo a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame anual de artes plásticas creado en 1996 polas asociacións profesionais de galerías galegas e portuguesas. Celébrase alternativamente nunha cidade galega e nunha portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pensador italiano. Partidario da Revolución Francesa, estableceuse en 1792 en París, onde recibiu o título de cidadán francés. Das súas obras destacan Il vero dispotismo (1770) e Memorie segrete e critiche delle corti, dei governi e dei costumi dei principali Stati d’Italia (1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paladín de Carlomagno. Antes de se retirar á vida monástica loitou contra os sarracenos no sur de Francia (793) e axudou os católicos en España cooperando co seu exército na reconquista de Barcelona (801). Foi canonizado polo Papa Alexandre II. O autor medieval Wolfram von Eschembach, no seu poema épico Parzival, converteuno en paradigma de cabaleiro cristián medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme III de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO