edulcorante
edulcorante
(
-
adx
Que edulcora.
-
s
m
[ALIM]
Substancia que serve para dar ou aumentar o sabor doce do produto alimentario ao que se lle engade. Segundo a súa orixe poden ser: naturais (a sacarosa, a frutosa, a glicosa, o sorbitol, o manitol e o xilitol); ou artificiais (a sacarina, o aspartamo e o ciclamato). Os edulcorantes naturais teñen poder enerxético, aproximadamente de 4 kcal/g, mentres que os edulcorantes artificiais, obtidos por síntese química, caracterízanse por ter un poder adozante superior aos naturais e carecer de poder enerxético, polo que se empregan en dietas en que non se aconsella o consumo de azucre.