"Orro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 157.

    1. Que está pelado ou rapado, especialmente aplicado á cabeza.

    2. Monte sen vexetación e con moita pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrado durante a ditadura de Primo de Rivera, ingresou na Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e participou nas loitas sindicais portuarias en Arxentina. Trala proclamación da Segunda República en 1931 regresou á Coruña e afiliouse á CNT e á FAI. A partir de 1933, militou nos Grupos de Defensa e cometeu diversos atentados contra as forzas da orde pública e os intereses burgueses. Trala sublevación militar de xullo de 1936, ocultouse na Coruña ata o Nadal, antes de marchar cara a Bilbao, onde foi responsable do Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Á caída de Bilbao, marchou á base naval de Cartagena, onde asumiu o cargo de secretario de Defensa Local e colaborou na fundación da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladado ao Marrocos francés ao final da guerra, formou parte da Resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudiou no conservatorio de Madrid. Inicialmente cultivou o lied pero debutou en México con ópera e no Liceu de Barcelona (1969). Cun repertorio moi variado, gravou zarzuelas e lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Serantes (Ferrol) dedicado á Virxe de Chamorro. Construíuse sobre unha antiga rocha de abalar na que, segundo a tradición, se lle apareceu a Virxe a dous pastores. O edificio presenta unha planta de nave rectangular, con cuberta de madeira a dúas vertentes, e unha ábsida cadrada cuberta con bóveda de crucería do s XVI. Engadíuselle un pequeno vestíbulo (1687-1692). No interior consérvase un retablo barroco que alberga a imaxe da Virxe sedente co neno posterior ao s XII. Pegados á igrexa, está o camarín da Virxe, a sancristía e a antiga casa do ermitán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Violeta Barrios de Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bote de remos pequeno que pode ir a bordo dunha embarcación meirande e que se emprega normalmente para o servicio auxiliar nos portos.

    2. Rede de pesca semellante á xávega, aínda que un pouco máis pequena, que se emprega nas rías e enseadas para pescar fundamentalmente luras, abadexos, agullas, xurelos, sardiñas, ollomoles, bogas e panchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente intensa e continua que nace dunha fonte estreita que, as máis da veces, está a unha certa altura do substrato sobre o que finalmente se sitúan as partículas que o forman. Pode presentarse en forma de líquido (como a auga dunha fonte ou o sangue dunha ferida), sólido (como a area dun reloxo) ou gas (como os procedentes da turbina dun avión). Ex: Limparon a pedra do edificio con chorros de area.

    2. Tecnoloxía que empregan determinadas impresoras consistente no uso de inxectores mediante os que se proxectan minúsculas gotas de tinta, que se van acumulando sobre o papel ou un soporte similar e forman letras, imaxes e calquera outra cousa que se queira imprimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito múltiple dos rosais constituído por un tálamo urceolado que xeralmente se volve vermello ao madurecer e que inclúe numerosas núculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1928 e domiciliado en Madrid que agrupa todas as caixas de aforro en España, excepto Caja Postal. No 2001 estaba integrada por 47 caixas e dentro do grupo realizaba funcións de coordinación, información e asesoramento, ademais de actividades crediticias e compensadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curral de pequenas dimensións, instalado ao aire libre, onde se gardan os apeiros de labranza ou os animais.

    2. Lugar pechado no monte onde se gardan ou recollen temporalmente animais, especialmente cabalos, vacas, ovellas ou cabras, que se aproveitan en réxime extensivo. En Galicia, os curros de ovellas e cabras son numerosos nas serras de Queixa e San Mamede. Cando a finais da primavera se xuntaban os rabaños para subilos ao monte en réxime de veceira, os pastores encamiñaban as reses cara aos pastos das respectivas freguesías e pasaban as noites nunhas cabanas de pedra rodeadas dun amplo valado tamén de pedra, onde gardaban as ovellas. Estes curros, moitos deles abandonados a finais do s XX, chegaban a xuntar centos de cabezas; os máis importantes eran os de Mormentelos, Chaguazoso (ambos os dous no concello de Vilariño de Conso) e Camba (Laza). Outros curros para recoller as vacas que pastoreaban na serra existiron no Xistral, no Suído (onde se lles chama campos, e ás cabanas chozos), ou no Xurés (coñecidos por brañas e brandas). Os curros destinados aos cabalos e vacas que se crían en liberdade...

    3. Operación de marcar, separar e rapar os cabalos que viven no monte en estado salvaxe, así como a festa que se desenvolve arredor desta actividade.
      Orixe
      Os indicios arqueolóxicos apuntan a que esta práctica podería ter comezado na Idade do Bronce. No occidente europeo, as primeiras mostras da existencia de cabalos son uns restos óseos localizados en Solutré (na Borgoña francesa), cunha antigüidade de 15.000 anos. A hipótese máis aceptada é que os cabalos se cazaban nos desprazamentos estacionais. Non obstante , o emprego do cabalo como alimento, ao igual ca outros herbívoros, pode ser máis antigo segundo os restos encontrados nas chairas costeiras de Boxgrove (Inglaterra), datados hai máis de 480.000 anos, ou polos restos fósiles humanos de Atapuerca (Burgos), cunha antigüidade de 780.000 anos. O rexistro fósil documenta a existencia de cabalos salvaxes no occidente europeo dende hai, como mínimo, 10.000 anos, aínda que as pinturas da cornixa datan de 14.000 anos....

    4. Lugar pequeno, apartado e escondido dentro dun maior.

    5. Terreo sen cultivar destinado a pasto e á produción de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de corroborar ou corroborarse.

    2. Parte do corpo dun documento que segue á sanción, composta por una relación de claúsulas de validación que garanten o cumprimento das formalidades necesarias para dar validez legal ao documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corrobora.

    2. Medicamento que ten a propiedade de vigorizar o organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fortalecer o que estaba débil ou en malas condicións físicas.

    2. Asegurar a veracidade de algo, do que xa se tiña coñecemento.

    3. Confirmarse nalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que corrobora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Celebración que se fai ao rematar unha obra ou un trato.

    2. Xuntanza de amigos que teñen a intención de celebrar algún acontecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desgastar un axente externo algunha cousa dun modo gradual e progresivo.

      2. Destruír pouco a pouco un material inorgánico, normalmente un metal, ou un tecido orgánico pola acción dun ácido ou dunha substancia alcalina.

    1. Causar malestar no ánimo a causa dalgunha inquietude, normalmente de tipo moral.

    2. Irse destruíndo algo lentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alterar unha substancia facendo que se volva putrescente e insalubre.

    2. Impurificar a atmosfera e a auga contaminándoas.

    3. Desviar a alguén da rectitude e do deber moral.

    4. Inducir a un xuíz ou a outra autoridade pública a actuar contra a legalidade.

    5. Manter relacións sexuais cun menor de idade.

    6. Alterar unha persoa as características propias dalgunha cousa.

    7. Estragarse algo ata podrecer.

    8. Impurificarse a auga ou o ambiente.

    9. Separarse dos principios morais.

    10. Comportarse de maneira ilícita por diñeiro.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corruptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de corromper ou corromperse.

    2. Que non se axusta aos principios da legalidade.

    3. Que é inmoral e deshonesto.

    VER O DETALLE DO TERMO