chorro
(
-
s
m
Corrente intensa e continua que nace dunha fonte estreita que, as máis da veces, está a unha certa altura do substrato sobre o que finalmente se sitúan as partículas que o forman. Pode presentarse en forma de líquido (como a auga dunha fonte ou o sangue dunha ferida), sólido (como a area dun reloxo) ou gas (como os procedentes da turbina dun avión). Ex: Limparon a pedra do edificio con chorros de area.
Ex: Limparon a pedra do edificio con chorros de area.
-
chorro de tinta
[INFORM]
Tecnoloxía que empregan determinadas impresoras consistente no uso de inxectores mediante os que se proxectan minúsculas gotas de tinta, que se van acumulando sobre o papel ou un soporte similar e forman letras, imaxes e calquera outra cousa que se queira imprimir.
Frases feitas
-
A chorro loc adv Constituíndo un chorro. Ex: Decatáronse do incendio porque saía fume a chorro pola cheminea.
-
A chorros. De maneira moi abundante. Ex: Tivo ofertas de traballo a chorros, pero escolleu esta empresa.