"Ortega" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 46.

  • Arquitecto. Foi profesor na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou o proxecto do Centro Rexional da Rede Eléctrica da Coruña, unha biblioteca pública en Fuencarral (Madrid) e os edificios de servizos múltiples da Xunta de Galicia de Lugo, do SERGAS e do IGAPE en Santiago de Compostela. Xunto con Roberto Medín Guyatt elaborou o proxecto dunha nova biblioteca pública en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou as Juntas Castellanas de Actuación Hispánica (1931), que se uniu a La Conquista del Estado, para formar as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) en 1931. Participou na súa unificación con Falange Española (1934). Foi elixido deputado en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ortigueira a partir do 1 de decembro de 1898 que cesou en abril de 1899 (nº 27). Subtitulado “Periódico bisemanal independiente”, foi dirixido por Leandro Pita Sánchez-Boado. Editada nos obradoiros de David Fojo, tivo unha periodicidade inicial bisemanal, que logo cambiou a semanal. De tendencia liberal, tratou diversos temas sobre política local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo e citólogo. Desenvolveu as técnicas de impregnación arxéntea, e a aplicación dalgúns dos seus métodos permitiu a descrición da microglía e de catro tipos de células de oligodendroglía (glía neurotropa), diferenciándoas das células de mesoglía, chamadas hoxe células de Hortega. Exiliado en Arxentina, foi nomeado director do Instituto Nacional del Cáncer en Bos Aires. Escribiu Nomenclatura y clasificación de los tumores del sistema nervioso (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do municipio de Barrios de Colina, provincia de Burgos, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conta cun complexo cenobial composto por un igrexa monástica fundada polo santo e arquitecto San Juan de Ortega (1080-1163), dous edificios monacais e un hospital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Financeiro na Universidade de Santiago de Compostela, foi deputado por UCD (1977-1982), membro do Consello de Europa (1979), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988) e maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1993). Vogal do Padroado do Museo do Pobo Galego, das súas obras destacan La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas (1971), Castelao e a facenda galega (1989), Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn (1991) e Constitución financiera española: veinticinco años (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO