"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de inconsciencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das crucíferas con froito en silicua de valvas de só un nervio. En Galicia pódese atopar en baldíos e terras de cultivo a especie A. thaliana, que acada os 40 cm de altura e presenta follas basais, pétalos de 4 mm brancos e froitos de ata 20 mm.
-
PERSOEIRO
Político flamengo, fillo de Jacob van Artevelde. A tensión entre os artesáns, capitaneados polos teceláns, por unha banda, e o patriciado urbano e o conde de Flandres Luís de Male, pola outra, derivou nunha rebelión en Gante (1379). No 1382 os artesáns, encabezados por Filips van Artevelde, derrotaron o conde en Beverhouts. Case todo Flandres recoñeceu a súa autoridade; emporiso, o Rei de Francia acudiu en socorro do conde e derrotou os insurxentes en Roosebeke, morrendo na batalla Filips van Artevelde.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ausencia de microorganismos patóxenos.
-
Método preventivo das infeccións co que se trata de evitar o acceso dos microorganismos patóxenos en lugares onde se realizan traballos que requiren a súa ausencia (salas de operacións cirúrxicas, laboratorios farmacéuticos ou microbiolóxicos, etc). No caso das intervencións cirúrxicas, tanto o instrumental como a vestimenta dos que alí interveñen han de ser coidadosamente esterilizados mediante diferentes métodos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia total ou parcial de homoloxía cromosómica durante a profase da meiose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas da familia das bonnemaisoniáceas. Os talos, que poden acadar os 20 cm, son de cor rosa e irregularmente ramificados. Algunhas ramas laterais son sinxelas e espidas e portan pequenas espiñas. É propia do infralitoral e aínda que está presente en Galicia é orixinaria de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima da cadea respiratoria que actúa conxuntamente co fluxo de protóns que retornan ao interior da mitocondria ou da bacteria, realizando a fosforilación oxidativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de desnutrición, deshidratación e gran debilidade orgánica que pode aparecer na primeira infancia como consecuencia de erros dietéticos, de diarreas infantís ou de doenzas contitucionais.
-
-
Estudio das diferentes partes dun cadáver para diagnosticar e investigar as enfermidades que padecera o individuo en vida e para verificar as causas da súa morte. Este estudo pode ter interese dende un punto de vista clínico (autopsia clínica) ou xudicial. Abrangue o exame de todo o cadáver e basicamente o estudo sistemático das vísceras das tres cavidades (cabeza, tórax e abdome) e das extremidades. Nas autopsias médico-legais valórase tamén a observación externa.
-
Recoñecemento dun cadáver, feito normalmente polo médico forense, para pescudar e probar a causa e as circunstancias da morte dunha víctima ou para identificala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicose na que predominan as perturbacións do eu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos protoceratópsidos, propios de finais do Cretáceo, de ata 1 m de lonxitude, co corpo groso, cola longa e patas sólidas, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Na parte posterior do cranio presenta un rebordo óseo e un corno pequeno no medio do fociño. Non ten dentes na parte superior do bico. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Mongolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esmagamento cirúrxico, mediante o basiotribo, da cabeza do feto morto dentro do útero, para facilitar a súa extracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade da Psicoloxía que ten como método a psicanálise. Tamén se coñece co nome de psicoloxía profunda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os peixes fósiles do xénero Berycopsis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes fósiles da orde dos teleósteos, propios de finais do Cretáceo. Engloba especies de ata 35 cm de lonxitude, que se caracterizan por ser das primeiras en presentar aletas sostidas por radios espiñentos e dispor xa de glándulas independentes da gorxa na vexiga natatoria. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músculo que nunha das súas extremidades ten dous tendóns para unirse co óso. O bíceps braquial, músculo longo do brazo, innervado polo nervio músculo-cutáneo, produce a flexión e supinación do antebrazo, e a elevación e adución do brazo; o bíceps crural, músculo longo da coxa, innervado polo nervio ciático, produce a flexión da perna sobre a coxa. 0BS A forma bíceps emprégase polo xeral para referirse ao bíceps braquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extracción e exame microscópico dun fragmento de tecido vivo. Permite a diagnose con exactitude de certas afeccións ao precisar as características anatomopatolóxicas do tecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Billón de Instrucións por Segundo é a unidade medida que sinala a capacidade de procesamento de datos que posúe un sistema informático.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán que apareceu a finais de 1967 na Coruña. A dirección e redacción estaba a cargo do doutor Alonso Fernández. A periodicidade era irregular. Foi editada pola Sociedad Española de Psiquiatría da Facultad de Medicina-Cátedra de Psiquiatría da Ciudad Universitaria de Madrid. Tratábase dunha revista profesional na que os temas principais eran as actas da xunta xeral ordinaria, conferencias, datos informativos, relatorios, xornadas, congresos, reunións, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ctenóforos peláxicos de corpo piriforme, de ata 15 cm de lonxitude, con tentáculos ramificados e retráctiles, e dúas láminas vibrátiles a cada lado da boca. Están presentes no Mar Mediterráneo e no Océano Atlántico.