asepsia
asepsia
(< a- + gr σήψις‘putrefacción’ + –ia)
-
s
f
[MED]
Ausencia de microorganismos patóxenos.
Confrontacións: desinfección. -
s
f
[MED]
Método preventivo das infeccións co que se trata de evitar o acceso dos microorganismos patóxenos en lugares onde se realizan traballos que requiren a súa ausencia (salas de operacións cirúrxicas, laboratorios farmacéuticos ou microbiolóxicos, etc). No caso das intervencións cirúrxicas, tanto o instrumental como a vestimenta dos que alí interveñen han de ser coidadosamente esterilizados mediante diferentes métodos.
Sinónimos: antisepsia. Confrontacións: esterilización.