ASEPEYO
ASEPEYO
Nome científico:
[Asistencia Sanitaria Económica Para Empleados y Obreros]
Mutua patronal de accidentes de traballo que atende todo tipo de empresas. Foi fundada en Barcelona en 1945 por iniciativa do empresario Jesús Serra i Santamans. Posúe dous hospitais en Madrid e Barcelona; en Galicia ten sedes en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ourense. As súas actividades céntranse na prevención de accidentes de traballo e enfermidades comúns.