ASEPEYO

ASEPEYO
Nome científico: [Asistencia Sanitaria Económica Para Empleados y Obreros]

Mutua patronal de accidentes de traballo que atende todo tipo de empresas. Foi fundada en Barcelona en 1945 por iniciativa do empresario Jesús Serra i Santamans. Posúe dous hospitais en Madrid e Barcelona; en Galicia ten sedes en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ourense. As súas actividades céntranse na prevención de accidentes de traballo e enfermidades comúns.

Palabras veciñas

asenxo | aseo | asépalo -la | ASEPEYO | asepsia | aseptado -da | aséptico -ca