"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Nome de muller de orixe xermánica, composto por ara- ‘aguia’ e -guntia, derivado de *gunti ‘loita’. Dunha variante deste nome, Aragontia, procede o topónimo Aragonza (Fiestras, Silleda). Aínda que non figura no santoral, houbo unha santa galega con este nome no s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre galega, da familia dos condes de Deza, sobriña de santa Ilduara e tía de san Rosendo. Sendo nova casou con Ordoño II, Rei de Galicia entre os anos 910-914 e logo de León, quen non tardaría en repudiala. Daquela, Aragonta retirouse ao mosteiro de Salceda de Caselas, onde levou unha vida relixiosa e edificante, baixo a dirección espiritual do seu parente, santo Hermenexildo. Antes de morrer envioulle un recado ao seu sobriño san Rosendo coa fin de que acudise ao mosterio para axudala a pasar o tránsito da morte pero, segundo a lenda, xa non tivo tempo a chegar: cando estaba preto da Franqueira escoitou unhas voces celestiais que cantaban o Gloria; con este aviso divino san Rosendo decatouse de que a súa tía acababa de morrer. O culto de santa Aragonta, centrado na zona do Baixo Miño, foi especialmente mantido pola orde bieita, non obstante non figura no santoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de Venezuela (7.014 km2; 1.335.303 h [estim 1995]). Pódense distinguir catro rexións fisiográficas: a serra da costa; a depresión central, onde se sitúan os principais centros industriais; a serra do interior e a rexión dos Llanos. Os ríos máis importantes son o Tuy e o Guarico. A capital é Maracay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Brasil, afluente do Tocantíns pola ribeira esquerda (2.640 km). Nace na serra de Caiapó, no estado de Goiás. Os seus aluvións son diamantíferos e auríferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural privada constituída no 1984, en memoria do matrimonio formado por María Schnackig e Constantino Martínez. Rexida por un padroado presidido por Ghaleb Jaber Ibrahim, a fundación ten por obxectivo impulsar e dar a coñecer a cultura galega, así como promover o desenvolvemento do sector audiovisual mediante a organización de cursos, ciclos de conferencias, seminarios, concertos e outras exposicións artísticas. Entre as exposicións, destacan: Bienal Internacional de Pintura e Escultura, Mostra de Arte Galega Contemporánea, Exposición de pintura antiga (1989) e Exposicións na sala da fundación; entre as conferencias, cómpre citar: Seminario Regional Europeo, Conferencia sobre a UE e a moeda únicas, Conferencia sobre cultura e a realidade Palestina, Curso de Guinización para Televisión e Cine, Seminario sobre Audiencia de Medios. Participa no financiamento de investigacións e convocatorias de premios como o Premio Araguaney de Ouro. En 1991 editou o libro Ofrenda dos poetas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, crítico literario, articulista e tradutor. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do equipo da revista Ler e leva a sección de poesía do suplemento literario do xornal O Correo Galego. Dentro da actividade musical, sobrancea como cofundador do grupo de canción belixerante Voces Ceibes co que chegou a gravar diversos discos. Como poeta publicou Paisaxe de Glasgow (1978), Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980), Poemas pra Ana Andrea (1982), Xuvia (1983), Caleidoscopio (1988), Oficio de ollar (1992), Camo Santo (1994), O gato branco (1995), Novos poemas para Ana Andrea (1991) e Billarda (1999); e como novelista, Agora xa foi (2000). A súa obra está presente nas antoloxías Escolma da poesía galega (1984), Poesía gallega de hoy (1990) e Fin de un milenio (1991). Como tradutor verteu ao galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de insculturas situado na parroquia de Catoira (Catoira). Representa unha serie de catro círculos concéntricos unidos por sucos de gran profundidade e varias coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito establecido en Zaragoza para axuntar a documentación do antigo Reino de Aragón. A súa formación foi ordenada polas cortes de Monzón do 1427. As bombas francesas de 1809 incendiárono nunha boa parte. A conservada da deputación do Reino comprende, entre outras, as seguintes seccións: obras, correo enviado, mandatos, inventarios, nomeamentos, rexistros de actas, índice sumario, asistencia, habilitación de cabaleiros, matrículas de insaculados, infanzonía e finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mošé Arragel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da familia das bonnemaisoniáceas. Os talos, que poden acadar os 20 cm, son de cor rosa e irregularmente ramificados. Algunhas ramas laterais son sinxelas e espidas e portan pequenas espiñas. É propia do infralitoral e aínda que está presente en Galicia é orixinaria de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das liliáceas ao que pertence a esparragueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, no País Vasco, bañado polo río Urumea (3.178 h [1996]). En 1987 segregouse de Donostia, capital do territorio e cidade coa que mantén estreitos vínculos funcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óso curto de seis caras que monta sobre o calcañar e que forma a parte superior do tarso. Articula, nos vertebrados amniotas, os ósos do pé (calcañar) cos da perna (tibia e peroné).

      1. Elemento decorativo en forma de disco ou doa. Nas ordes arquitectónicas clásicas, o astrágalo ocupa a posición inmediatamente inferior ao capitel e alterna semiesferas e discos de canto. Forma parte do fuste.

      2. Calquera moldura situada na parte superior do fuste.

    2. Anel que rodea o canón dunha arma cerca da boca.

    3. Moldura convexa semicircular (máis comunmente chamada mediacana) ou de tres cuartos de círculo.

    4. Diversión consistente en lanzar ao aire un astrágalo, normalmente dun pequeno mamífero, mentres se fan certas combinacións coas outras; entra tamén nas regras do xogo o lado en que caía a peza lanzada ao aire. Cos anos, as pezas pasaron a ser plásticas e máis estilizadas, aínda que segue a xogarse ao xeito tradicional. Xa na Antigüidade grega e romana existía este xogo, aínda que o astrágalo era só de cordeiro, tal e como aparece representado nas pinturas de vasos e nos murais pompeianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das fabáceas, de follas case sempre imparipinnadas e flores, azuladas ou amareladas, agrupadas en glomérulos ou acios. Comprende un gran número de especies, principalmente asiáticas e mediterráneas, das que máis de corenta son propias da Península Ibérica. No sueste de Galicia está presente A. glycyphyllos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corredor que hai na entrada das casas.

    2. Entrada da porta das pallozas do Cebreiro.

    3. Pavimento do chan das pallozas.

    4. Amplitude dunha dependencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ferreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atravesarse algo na gorxa obstruíndoa.

    2. Resultar algo ou alguén difícil ou antipático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria con sede en Zaragoza que naceu en 1910 baixo a forma de sociedade mercantil e cunha vocación de banco de crédito e desconto. En 1947 converteuse nun banco nacional. En 1979 formou parte do grupo fundador do Banco Saudí Español. En 1981 incorporou o Miami National Bank e en 1982 o Banco de Levante. En 1986 entrou a formar parte do accionariado o grupo Construciones y Contratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnosia caracterizada pola perda da facultade de avaliar o peso dos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta portuguesa e Raíña de España. Filla de Xoán V de Portugal e de María Ana. Casou en 1729 co futuro Rei Fernando Vl. Ilustrada e amante da música, foi protectora do tenor Farinelli. Fundou en 1757 a institución relixiosa das Descalzas Reales de Madrid, onde está enterrada.

    VER O DETALLE DO TERMO